Protected area
Gándaras de Budiño
Pontellas · O Porriño · Pontevedra · 2004
Photo: Juan Antonio Patiño Méndez from La Coruña · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Special area of conservation in Galicia, Spain, 28 m above sea level, 364 m from the Caminho Português de Santiago.
As gándaras de Budiño son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, preto da vila do Porriño. É unha das maiores extensión de lagoas e outras augas continentais de Galiza. Están declaradas ben de interese cultural grazas aos xacementos arqueolóxicos acheulenses.
Xeografía e xeoloxía
Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude.
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. Descubríronas o oceanógrafo galego Antonio Fernández del Riego e o xeomorfólogo francés Henri Nonn, realizando unhas investigacións xeomorfolóxicas, e Emiliano Aguirre investigouna en 1963. Henri Nonn publicou en 1966 investigacións detallando como ese asentamento tiña referencias estratigráficas detalladas Existen cinco niveis arqueolóxicos. No quinto no que se atoparon útiles e clasificaronse como achelenses ou camposanquienses que corresponden a un depósito do Plistoceno medio. Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles foron o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto. Técnicas de datación con carbono 14 indican unha idade deses restos de entre 182-28.7 mil anos. A estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.
Outros artigos
Monte Aloia
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Espazo natural protexido · Zona de especial conservación
Area 731 m²
Elevation here ≈ 28 m · Terrain Tiles
Nearest town O Porriño, 5.3 km away
Way of St James Caminho Português de Santiago, 364 m away
People in the municipality 20,935 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Penedo (casa Dolores)815 m awayIES Ribeira do Louro-A Abelenda (marquesiña) · IES Ribeira do Louro-A Abelenda (marquesiña)
- A Rega858 m awayCEIP de Rebordáns-A REGA · CEIP de Rebordáns-A Rega
- Quintenla896 m awayIES Ribeira do Louro-Canadelo · IES Ribeira do Louro-Canadelo
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Ponte de OrbenlleBridge
Ponte das FebresBridge
Mass grave: Fosa en San Salvador de Budiño 2312/2011 PONTMass grave
Igrexa de Santiago de PontellasChurch building
Igrexa de San Xurxo de MosendeChurch building
Igrexa de San Xoán o Bautista de ChenloChurch building
Igrexa de San Salvador de BudiñoChurch building
Igrexa de Santa Eulalia de AtiosChurch building