Church building

Church of San Martiño de Tribás

Pantón · Lugo

Church of San Martiño de Tribás

A igrexa parroquial de San Martiño de Tribás, é unha igrexa de orixe románica datada nas primeiras referencias a ela no século XIII. Atópase no lugar de Tribás na parroquia de San Martiño de Tribás (Pantón).

Descrición

A planta é a orixinal románica, á que despois se engadiu a sancristía. Non obstante, da fábrica primeira só se conservan a ábsida e o muro testeiro da nave co seu arco triunfal. Resaltan na ábsida a serie de canzorros. No muro sur hai dous, pois ao construír a ábsida tapáronse ou desapareceron o resto, e outros sete no muro norte. Todos teñen forma pouco esvelta e tamaño pequeno, cunha serie de bólas decorativas en ambos os lados do bisel da cornixa. Dos canzorros do lado sur, un é de liso caveto e noutro escúlpese unha basta cabeza humana que mira de fronte. Tamén nun dos canzorros do lado norte aparece outra cabeza, e case todo o resto decóranse con diversos obxectos de tipo xeométrico, entre os cales resalta un cilíndrico, cinguido ao redor do seu centro por unha grosa cinta na que vai incisa unha cruz de brazos iguais. A excepción é un canzorro que representa un pene erecto, que probablemente representa a vida. Ten arco triunfal sinxelo, composto por unha arquivolta de medio punto de sección rectangular con varias arestas vivas. Mediante imposta decorada con perlas, apóiase directamente no muro pilastra.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby