Church building

Church of San Martiño de Valongo

Valongo · Cortegada · Ourense

Church of San Martiño de Valongo, church building en Cortegada

Photo: Sarasps · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Religious building in Valongo, Cortegada, 204 m above sea level, 596 m from the Caminho da Geira e dos Arrieiros.

A igrexa de San Martiño de Valongo é o templo parroquial de Valongo, no municipio de Cortegada. O templo está adicado a Martiño de Tours.

Historia

O templo de San Martiño de Valongo foi mandado construír por Diego Fermín de Vergara, relixioso nado na aldea de Leirado, que chegou a ser bispo da diocese de Popayán (Colombia) e arcebispo de Santa Fe (Arxentina). Os seus pais foron Manuela de Rivera e Vergara e Fermín de Vergara, quen foi capitán e gobernador da vila de Milmanda. O mestre de cantería da obra foi Francisco Costa.

Arquitectura

O templo está no centro dun adro que fai a función de cemiterio, ao que se pode acceder por unha escalinata barroca. Trátase dun exemplo de barroco tardío ben proporcionado, esvelto, uniforme, de liñas arquitectónicas e xogos de masas e volumes coidados.

Exterior

Ao exterior presenta unha fachada de retablo cunha esvelta torre dun só corpo coroada cunha cúpula que remata cunha cruz de ferro no catavento; na fachada ábrese unha porta coroada por un frontón roto que abrangue unha escultura que mostra unha imaxe de Martiño de Tours a cabalo partindo a capa, onde destacan as características faciais da figura e perfeccións anatómicas. Esta fachada remata con pirámides, bólas, unha cruz e gárgolas decorativas. Os muros laterais da igrexa están divididos en tres tramos por grosos contrafortes,con portas ao sur e ao norte. Ao lado sur hai unha capela funeraria propiedade da familia do citado bispo, con escudo da cruz de Santiago. Do lado norte existe outra capela que fai a función de sancristía. Os brazos do cruceiro son pouco saíntes e o pé rectangular.

Interior

O templo ten planta de cruz latina dunha sola nave lonxitudinal dividida en tramos por arcos apuntados e os brazos do cruceiro rematan en dúas capelas. A nave lonxitudinal vai cuberta con bóveda de crucería barroca e as capelas dos brazos do cruceiro con bóvedas de canón. No interior hai tamén unha tribuna reformada no ano 1963, a capela do baptisterio con cerco de madeira reparada no citado ano, espazoso presbiterio e tres retablos. O maior componse de dous corpos e cinco rúas con estípites que actúan de columnas coas esculturas de san Martiño, san Xosé, santo Antón, san Xoán Bautista, san Francisco, a Virxe da Graza, santo Ignacio e o Sagrado Corazón. Na parte inferior horizontal do retablo poden verse relevos que aluden ao Salvador, a san Pedro e a san Paulo. Hai unha inscrición na que se le: Pintose siendo abad Alexandro Rodríguez año 1783 No lateral do evanxeo había dous retablos de estilo barroco galego, dos cales só se conserva un. Con columnas salomónicas, adornadas con follas de cepa e acios, o do Rosario e o do Carme. No retablo conservado están as esculturas da Virxe do Rosario, dos Remedios, san Blas, san Rafael. No retablo desaparecido estaban as esculturas da Virxe do Carme, de santa Rita e santo Antón, que foron trasladadas ao retablo que si se conservan. No lado da epístola encóntranse os altares da Dolorosa e da Inmaculada, no primeiro as imaxes da Dolorosa, San Xosé, San Roque, a Virxe nena, San Bieito e a Milagrosa. No segundo, as imaxes da Purísima e de santa Tareixa. Na actualidade este retablo tampouco existe. Na sancristía gárdase un Cristo de arte popular e petos de ánimas con relevos alusivos ás ánimas do purgatorio. Colgado na parede lateral norte da capela maior hai un cadro do Perpetuo Socorro.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Church

Dedicated to Martiño de Tours

Elevation here ≈ 204 m · Terrain Tiles

Nearest town Cortegada, 1.9 km away

Way of St James Caminho da Geira e dos Arrieiros, 596 m away

People in the municipality 1,023 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby