Church building

Igrexa de San Miguel de Ponte

Ponte · Silleda · Pontevedra

Igrexa de San Miguel de Ponte, church building en Silleda

Photo: Pontesiño · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Church building in Ponte, Silleda, Spain, 447 m above sea level, 2.7 km from the Camiño Xabrés.

A igrexa de San Miguel de Ponte é a igrexa parroquial de Ponte, no concello pontevedrés de Silleda.

Localización

Sitúase na parte central da parroquia de Ponte, ás aforas do lugar de Tras do Sisto e próxima tamén ao lugar de Rosende.

Descrición

Foi construída sobre unha antiga capela adicada á Virxe dos Remedios. A fábrica actual é do século XX. Destaca na fachada unha ventá de medio punto e unha inscrición sobre a construción da citada fachada, rematada nunha espadana que alberga as campás. Conta cunha soa nave e o presbiterio sobresae por riba do resto da nave. Convén sinalar a curiosa disposición do edificio, cuxa fachada está situada ao sur, ao contrario que na maioría de igrexas, que teñen orientadas as fachadas cara ao poñente. Conta no seu interior con 11 imaxes de distintos santos. Destaca pola súa antigüidade a do Arcanxo Miguel, patrón desta freguesía. Ademais, destacan tres retablos: o altar maior, en cuxo centro se atopa o patrón e no que se aparecen as letras Q C e D, iniciais da tradución ao castelán do nome hebreo de San Miguel (Quién como Dios); o altar da "Purísima" e o dos "Remedios". Na espadana atópanse dúas campás de distinto tamaño. A máis pequena delas, cun pequeno baño de prata, está datada do ano 1879 e formaba parella con outra algo maior das mesmas características, que en 1948 tivo que ser substituída por mor dunha fractura por outra de bronce dun tamaño algo maior. Como dato anecdótico, nesta campá aparece o nome do parroco daquela época: don Manuel Sánchez Noya, que exerceu en Ponte en dous períodos distintos. Arredor da igrexa, atopamos o cemiterio parroquial pechado cun valado de pedra, que no 2000 foi ampliado cara a un terreo situado nun plano inferior. Ao pé dese valado e a carón da fachada da igrexa, atópase unha oliveira centenaria, que serve de acubillo para os fregueses nos días de sol. A existencia desta árbore deu pé á expresión "ir para debaixo da oliveira", dado que baixo ela se atopan varios nichos e sepulturas, que se usa para falar do feito de soterrar a unha persoa da parroquia. Ao adro accédese de dúas maneiras: mediante unhas escaleiras que baixan desde o camiño, no costado leste, e a nivel do chan, no lado sur. En cambio, ao cemiterio novo accédese por dúas escaleiras, unha delas comunicando o adro con el, e por un portal.

Galería de imaxes

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Church

Dedicated to Arcanxo Miguel

Elevation here ≈ 447 m · Terrain Tiles

Nearest town Silleda, 2.6 km away

Way of St James Camiño Xabrés, 2.7 km away

People in the municipality 8,908 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby