Church building
Church of San Nicolao da Coruña
A Coruña

A igrexa de San Nicolao é un templo relixioso de estilo barroco situado na Coruña. É unha das parroquias históricas da cidade da Coruña, con Santa María, Santiago e San Xurxo.
Descrición
O edificio ten planta de cruz latina e unha soa nave abovedada. A cada lado da nave hai seis capelas, a maioría funerarias. No interior destacan o presbiterio e as complexas decoracións barrocas. Dúas portas con balcóns permiten o acceso a outras áreas como a sancristía. A fachada clasicista, de dous corpos, está rematada por dúas torres-campanario. No adro existe un cruceiro.
Historia
O templo anterior, do que só se conserva a capela do Cristo, cunha inscrición de 1632 foi destruído no asedio de 1589. A partir desa data e especialmente dende 1688 tivo que ser consolidado e reformado. A heteroxeneidade e antigüidade do edificio existente fixo necesaria a reconstrución, contra 1740, dun novo templo de estilo barroco. A fachada orixinal, posiblemente de estilo híbrido, foi substituída en 1861 pola actual, proxectada por Faustino Domínguez Domínguez. Na capela das Dores está enterrada a fundadora do Hospital da Caridade, Teresa Herrera.
Outros artigos
Arciprestado de Faro
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Porta Reala 246 mA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Reala 260 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Teatro Colóna 283 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.