Church building

Church of San Pedro da Mezquita

A Mezquita · A Merca · Ourense

Church of San Pedro da Mezquita, church building en A Merca

Photo: Ángel M. Felicísimo from Mérida, España · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Cultural property in A Merca, Spain, 479 m above sea level, 7.6 km from Allariz.

A igrexa de San Pedro da Mezquita é un templo católico parroquial. Está situada na Mezquita (A Merca), e foi declarada Monumento Nacional en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico.

Características

É de planta lonxitudinal e unha soa nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), figuras antropomorfas e unha roseta. Remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa co cordeiro mirando cara ao oeste, caso único en Galicia. Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita, e a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba dá de mamar os seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastiño, baixo o arco de descarga. A ábsida, dividida por altas columnas, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.

Galería de imaxes

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Church

Dedicated to Pedro

Protected as Ben de Interese Cultural

Elevation here ≈ 479 m · Terrain Tiles

Nearest town Allariz, 7.6 km away

People in the municipality 1,976 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby