Church building
Church of San Salvador de Sanguñedo
Sanguñedo · Verea · Ourense
Photo: Fran.dorado · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Religious building in Sanguñedo, Verea, 774 m above sea level, 7.7 km from Celanova.
A igrexa de San Salvador de Sanguñedo é unha construción relixiosa construída a principios do século XVIII para constituír a parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea. A igrexa está situada no Campo de Outeiro.
Descrición
Este templo é un arquetipo da construción relixiosa galega rural do seu século. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva. Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos agudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararraios ornamental con forma de cruz grega. A igrexa conta con tres altares; o altar maior ten un retablo construído en 1713 polo escultor Gregorio Álvarez, veciño de Quintela de Leirado, e dourado por Agustín Vázquez; nel atópanse as imaxes da Inmaculada, San Francisco, Santo Antón e San Xosé. Os altares colaterais do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e da Epístola da Nosa Señora das Dores, albergan as tallas da Virxe do Carme, Santa Tereixa, Santo Antón e San Bieito. En ourivería, destaca unha cruz do século XVIII, de Armesto e a custodía, do mesmo século, de Lizarra.
Contorna
A entrada principal da igrexa, así como do camposanto da cara ao campo do cura, á dereita desta entrada está plantado un ciprés. Pódese acceder ao recinto dende o Campo de Outeiro, onde está situado o Cruceiro do Campo de Outeiro.
Historia
A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII, conta con algúns elementos complementados no século XIX. Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. Entre os anos 1832 e 1833 a igrexa foi pintada, traballaron os frisos, achantaron e embaldosaron o chan, arranxaron a capela maior e substituíron a mesa do altar maior; tamén se fixo o cemiterio, limpando e chantando o adro e construíuse a casa da Igrés. No ano 1840 colocouse unha campá grande nova que pesa 12 arrobas e 4 libras castelás, substituíndo á anterior, de 9 arrobas menos 6 libras, que rompera.
Galería de imaxes
Outros artigos
Parroquia de Sanguñedo
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Church
Dedicated to San Salvador
Elevation here ≈ 774 m · Terrain Tiles
Nearest town Celanova, 7.7 km away
People in the municipality 971 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Outeiro630 m awayCEIP Xoaquín Lourenzo Xocas-Casal de Bispo · CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas-Casal de Bispo · Bande-Bangueses · Bande-Bangueses
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Alto do FurrioloMountain
Muíños de CaídeWatermill
Cruceiro do Campo de OuteiroCruceiro (stone wayside cross)
Igrexa de San Martiño de CandásChurch buildingIgrexa de Santa María de LampazaChurch building
Igrexa de San Pedro de OurilleChurch building
Igrexa de Santiago de VereaChurch buildingErmida da Ascensión de GontánChapel