Church building
Church of the Saviour
Vilar de Donas · Palas de Rei · Lugo
Photo: Alma · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Church building in Lugo Province, Spain, 598 m above sea level, 2 km from the Camino Francés.
A igrexa de San Salvador de Vilar de Donas é a igrexa parroquial de Vilar de Donas, parroquia do concello lugués de Palas de Rei, polo que transita o Camiño Francés a Santiago. Foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1931. Orixinariamente foi unha igrexa monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII. Na segunda metade do século XII, os fillos das fundadoras doárono á Orde de Santiago, que era a orde que protexía aos peregrinos que se dirixían cara Santiago de Compostela. A parte de ser un lugar de culto e enterramento, crese que a igrexa e o seu mosteiro anexo actuaban como hospital para os peregrinos que seguían o Camiño de Santiago. Este uso hospitalario é unha característica común de moitos mosteiros e conventos no Camiño, que ofrecían refuxio e atención aos peregrinos na súa viaxe cara a Compostela. É curioso que está apartado do camiño a pesar de ter uso hospitalario, pero isto é debido a que como nas súas orixes era un mosteiro de monxas, estas querían estar apartadas do habitual tránsito . Tras a desamortización de Mendizábal na cuarta década do século XIX, pasou, como en tantos outros casos, a servir de Iglesia parroquial, que é como segue a día de hoxe.
Descrición
Exterior
É de planta de cruz latina, e na cabeceira tres ábsidas semicirculares. A portada principal adórnase con arcos de medio punto con axadrezados (datados cara ao ano 1230). A portada enmárcase entre contrafortes e un beirado con arquiños sostidos por canzorros. Na cornixa consérvanse tres imaxes: unha Virxe gótica co Neno, un San Miguel e un San Bartolomeu. A portada, de finais do románico, lembra ao carácter do taller do Mestre Mateo, o autor do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago. Chama a atención as ferraxes románicas orixinais, que levan centos de anos adornando e reforzando esta porta. É unha das poucas igrexas que os conserva. Todos os extremos das ferraxes ábrense en forma de follas de palmeira e remátanse con puntas de frechas.
Interior
Se accedemos ao interior do templo, o máis rechamante son dous elementos: por unha banda, as pinturas góticas que forman parte do altar maior, e polo outro as diferentes lápidas medievais en honra aos Cabaleiros da Orde de Santiago que foron soterrados alí no século XII. A nave principal cóbrese con tellado de madeira a dúas augas, igual que o brazo norte do cruceiro, o brazo sur cóbrese con bóveda de canón rebaixado e o cruceiro cóbrese con bóveda de crucería cuadripartita. Accédese á capela maior a través dun triplo arco. Esta decórase con pinturas góticas de tempos do rei Xoán II. No brazo norte do cruceiro destaca un baldaquino en pedra e un retablo tamén en pedra que representa a Misa de San Gregorio. As pinturas da parte central representan o momento da Anunciación, co arcanxo San Gabriel á esquerda e a Virxe María á dereita. Encima deles está o rei David e o profeta Jeremías. De feito pódese ler un texto que di: “YO PROFETIZE DE x [?] VOS VIRGEN MARIA COME EL SALVADOR DE VOS NACERIA”. Na parte inferior hai un anxo durmido e outro esperto que fan referencia ao Antigo e ao Novo Testamento. No interior atópanse os sepulcros de Fernán Ares Noguerol, de 1378, o de Santiago Pérez de Ulloa, cabaleiro da Orde de Santiago falecido no ano 1410
Galería de imaxes
Outros artigos
Arquitectura románica. Mosteiros e conventos de Galicia. Camiño de Santiago
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Church · Monumento
Dedicated to San Salvador
Part of Camiño de Santiago francés na provincia de Lugo
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 598 m · Terrain Tiles
Nearest town Palas de Rei, 5.3 km away
Way of St James Camino Francés, 2 km away
People in the municipality 3,245 (2025) · IGE
Getting there
Address 27216
Nearby
Church of Saint James the GreatChurch building
Church of Santiago de LigondeChurch building
Church of Saint MichaelChurch building
Church of Saint MaryChurch building
Church of Saint JohnChurch building
Church of Saint MarinaChurch building
Igrexa de Santiago de Mosteiro de DevesaChurch building
Igrexa de Santa María da PuxedaChurch building