Church building

Church of San Tomé de Serantes

Leiro · Ourense

Church of San Tomé de Serantes

A igrexa de San Tomé de Serantes é un templo relixioso de feitura románica da parroquia de Serantes, no concello ourensán de Leiro. Ten a súa orixe no século XIII. Componse dunha nave e ábsida rectangular. Os elementos máis destacados da súa fachada son a portada, o tornachuvias e un gran rosetón. A portada é apuntada, con dúas arquivoltas sobre columnas. O tornachuvias sostense por interesantes canzorros no que destacan as figuras humanas, en actitude grotesca. Os capiteis desta portada decóranse con motivos vexetais xunto con motivos zoomórficos. Un deles representa dúas aves comendo dunha piña e outro tres homes.

Galería de imaxes

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby