Church building
Church of San Xián de Moraime
Muxía · A Coruña · 1101

A igrexa de San Xián de Moraime é un templo medieval do século XII, que antigamente se integraba nun mosteiro, situada na parroquia de Moraime, a tres quilómetros de Muxía, pertencente á comarca de Fisterra, provincia da Coruña. Está moi preto da capital municipal, sobre a estrada AC-440 que conduce até ela e a que se chega a partir da C-552, que pasa por Vimianzo. == Historia == A súa orixe parece situarse nunha antiga monarquía formada por numerosos anacoretas. A primeira doazón documentada concedida data de 1095, feita por Argilo Páez, viúva de Arias Pépiz, ligada á familia dos Condes de Traba, que lle doou a este cenobio e ó seu abade Hodorio, o mosteiro de San Xoán de Borneiro. O 17 de marzo de 1095 Froila Pérez, da mesma familia, doou a vila de Sarteguas (Berdeogas, Dumbría), cos seus servos, que quedarían libres á súa morte. En 1105 consta xa a súa pertenza á Orde de San Bieito e don Pedro, conde de Traba, estipulou unha cantidade para a súa reparación, dado que este mesmo ano fora asaltado polos normandos. Cara a 1115 foi de novo arrasado, desta volta polos almorábides. No século XII ergueuse o templo actual cun novo mosteiro acaroado na parte sur. A construción levouse a cabo coa axuda do rei de Galicia Afonso VII, quen favoreceu a Moraime en agradecemento polos servizos do abade Hodorio e os seus antecesores lles prestaran na súa adolescencia e nenez, mentres estivo refuxiado neste mosteiro, cando as loitas entre os seus partidarios e os da súa nai Dona Orraca. Tamén o rei Fernando II de León concedeu doazóns a este mosteiro. En 1161 a herdade do lugar de Castro (Frixe, Muxía), e en 1175 o lugar de Merexo (San Martiño de Ozón, Muxía). Estas doazóns foron confirmadas por varios reis sucesores. A partir da segunda metade do século XIV comezou a decadencia do mosteiro, debido aos saqueos da pequena nobreza rural, que desobedecendo aos monarcas, foise apropiando dos seus bens. Ata 1489 dependeu do mosteiro de San Martiño Pinario, como amosa o escudo coa árbore e dúas cunchas situado na fachada principal da igrexa. Nese ano, por orde dos Reis Católicos pasou a depender do Real Mosteiro de San Bieito de Valladolid, igual que outros mosteiros galegos. == Descrición == === Interior === O templo é un edificio románico do século XII, de planta basilical con tres naves e tres ábsidas. As naves están separadas por columnas cadradas agás a última entre a nave central e a lateral norte, de forma circular. Acaroadas a cada piar hai catro semicolumnas circulares que treman dos arcos formeiros de medio punto que separan as naves e os faixóns ou transversais, sobre os que descansa o teito de madeira. Os capiteis están adornados con motivos vexetais. A nave central, máis ancha que as laterais, está dividida en cinco tramos con arcos de medio punto, a diferenza das naves laterais que os teñen apuntados. Nas paredes interiores hai oito pinturas, descubertas en 1970 debaixo dunha capa de cal. Están en moi mal estado de conservación debido á humidade, razón pola cal non se sabe a súa datación, oscilando segundo os estudosos entre a época medieval e o século XVII. Representan os sete pecados capitais e a morte, á que lle disparan as súas frechas. === Exterior === A fachada principal ou occidental está dividida en tres corpos, separados por dous contrafortes que se corresponden co arranque das naves. O corpo central de grande anchura é de onde supera o pórtico que da acceso ó interior da igrexa. Nos corpos laterais ábrense cadansúa ventá semicircular de construción, habendo enriba de cada unha un rosetón. Cada ángulo lateral da fachada remata nun campanario: mentres que o do lado norte conserva a forma orixinal, o do lado sur está modificado. O pórtico da fachada principal que dá acceso á igrexa está abucinado por tres pares de columnas que están unidas aos ángulos e que amosan figuras, que segundo algúns autores representan ós Apóstolos. Sobre elas descansan outras tantas arquivoltas con figuras en forma radial que lembran ao Pórtico da Gloria da catedral de Santiago. No tímpano está o Salvador con sete figuras bíblicas aos dous lados situadas nunha arcada.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Moraimea 179 mCORUÑA E.A.-VIMIANZO-MUXÍA · VIMIANZO-MUXIA · CORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA · CORUÑA E.A.-MALPICA-MUXÍA
- Moraimea 202 mFISTERRA-MUXÍA-PONTE DO PORTO-CAMARIÑAS · FISTERRA-MUXÍA-PONTE DO PORTO-CAMARIÑAS · CEE-MUXÍA · CORUÑA E.A.-LAXE-MUXÍA · VIMIANZO-MUXIA · CORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA
- OS MUÍÑOSa 708 mFISTERRA-MUXÍA-PONTE DO PORTO-CAMARIÑAS · FISTERRA-MUXÍA-PONTE DO PORTO-CAMARIÑAS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.