Church building
Church of San Xulián de Astureses
Astureses · Boborás · Ourense
Photo: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT from Vigo · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Boborás, Spain, 516 m above sea level, 3.3 km from O Carballiño.
A igrexa de San Xulián de Astureses é a igrexa parroquial de Astureses, no concello de Boborás. É unha igrexa románica do século XII, de reducidas dimensións e bastante ben conservada.
Historia
A igrexa, que puido fundarse no ano 1164 segundo data inscrita detrás do retablo principal. Segundo consta documentalmente, só está acreditada a presenza no lugar da Orde do Santo Sepulcro, adquirindo grande importancia a mediados do século XV por ser cabeceira de encomenda ata que é substituída pola Orde de San Xoán de Xerusalén, pasando a depender entón da encomenda de Pazos de Arenteiro.
Características
Do antigo conxunto orixinal unicamente se mantén en pé a igrexa románica, de finais do século XII, ben conservada. Posúe planta de cruz latina dunha soa nave, formada por catro corpos limitados por grosos contrafortes que apenas sobresaen do muro exterior simulando columnas. Sobre a nave unha cuberta de madeira a dúas augas. Tamén é de madeira o coro alto, de feitura posterior, que ocupa o primeiro tramo e parte do segundo da nave. A cabeceira rematada en tres ábsidas semicirculares, a central destacada, ábrese ao exterior a través de estreitos e espigados vans con arcos de medio punto sostidos por seis pequenas columniñas. Dos capiteis nacen arcos faixóns levemente apuntados e cunha lixeira tendencia á ferradura, sobre os cales pode que anteriormente estivese apoiada unha bóveda de canón, mais na actualidade só se preservan os arranques até a altura dos beirados exteriores. No exterior decoracións vexetais e motivos xeométricos e representacións de animais e seres fantásticos. Dúas portas serven de aceso ó templo. A do norte cun arco de medio punto reformado partindo dun primitivo arco composto que recorda ó estilo mozárabe. A porta principal destaca pola súa sinxeleza. A súa iconografía é pobre e simple, decorando os seus capiteis e tímpano con motivos vexetais e xeométricos.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Church · Monumento
Style Arte románica
Dedicated to Xián o Hospitaleiro
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 516 m · Terrain Tiles
Nearest town O Carballiño, 3.3 km away
People in the municipality 2,159 (2025) · IGE
Getting there by bus
- ASTURESES209 m awayAstureses-CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo · ASTURESES-CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
- Astureses (entrada)211 m awayParada de Labiote (marquesiña)-IES Chamoso Lamas · Parada de Labiote (marquesiña)-IES Chamoso Lamas
- O Outeiro428 m awayAstureses-CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo · ASTURESES-CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

