Church building

Church of Santa Lucía, A Coruña

A Coruña · 1913

Church of Santa Lucía, A Coruña, church building en A Coruña

Photo: Caronium · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Religious building in Coruña, 19 m above sea level, 164 m from the Camiño Inglés.

A igrexa de Santa Lucía é un templo relixioso da Coruña, situado na praza de Lugo do Ensanche.

Descrición

A igrexa foi construída en cemento e pedra en estilo ecléctico con detalles neorrománicos e modernistas segundo o proxecto de Manuel Hernández y Álvarez Reyero. A torre, con elementos renacentistas, remata nun chapitel piramidal. O interior ten unha soa nave de 50 metros en forma de cruz latina con oito capelas laterais.

Historia

A poboación do barrio de Santa Lucía pertencía á parroquia de San Xurxo e era atendida na capela homónima desde 1777. Esta capela reconstruíuse despois do cerco de Drake. Desde 1930 a 1964 foi a sede provisional da nova parroquia de San Pedro de Mezonzo antes de ser demolida en 1969 polos desmontes que se realizaron para construír a ronda de Nelle e a avenida da Vedra. Porén, o aumento da poboación fixo que se solicitase a creación dunha nova parroquia xa en 1867. Finalmente a construción dun novo templo, decisión que tomou o cardeal José María Martín de Herrera, non chegou ata o 1 de xullo de 1890. A construción iniciouse o 20 de agosto de 1899 e rematouse o 28 de marzo de 1913. O interior continuou a modificarse ata a década de 1950. En 1965 acaroouse un edificio destinado aos locais parroquiais.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Church

Dedicated to Lucía de Siracusa

Made by Manuel Hernández y Álvarez Reyero

Elevation here ≈ 19 m · Terrain Tiles

Nearest town A Coruña, 1.1 km away

Way of St James Camiño Inglés, 164 m away

People in the municipality 251,277 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby