Church building

Iglesia Castrense de San Andrés

A Coruña · 1890

Iglesia Castrense de San Andrés, church building en A Coruña

Photo: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Military parish church building in A Coruña, Spain, 20 m above sea level, 121 m from the Camiño Inglés.

A igrexa de Santo André é un templo relixioso de estilo neorrománico situado na rúa homónima da Coruña.

Historia

A primitiva capela de Santo André foi construída no século XIII pola confraría de mareantes no barrio da Pescadería para honrar ao apóstolo pescador. Posteriormente construíuse tamén un hospital, que desapareceu por mor do sitio de Drake (1589). No século XVII tiveron lugar na igrexa as actividades pastorais da Compañía de Xesús mentres non tivo convento propio na cidade e no hospital funcionou durante uns anos a partir de 1621 a Escola de Navegación. Coa deterioración provocada polo paso do tempo, os mareantes víronse obrigados a asinar un convenio con Eusebio da Guarda, que levantaba a nova construción coa condición de que os restos seus e da súa dona Modesta Goicouría repousasen no templo. O proxecto foi do arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay. O gremio intentou logo recuperar o templo, iniciando un preito que durou nove anos e non se resolveu. Finalmente o alcalde José Marchesi Dalmau outorgou a posesión á Arquidiocese de Santiago e foi o propio arcebispo José María Martín de Herrera quen inaugurou o templo en 1890. En 1937 foi cedida aos militares, converténdose en igrexa castrense.

Descrición

O edificio ten unha única nave e ábsida semicircular, cunha sancristía rectangular. O altar maior ten esculturas de César López e na súa parte traseira atópanse os sepulcros de Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría, tallados en mármore por Pietro Nicoli. O exterior, de estilo historicista mestura o neorrománico co protogótico. A fachada ten dous corpos con arcos de medio punto e unha inscrición conmemorativa no tímpano. Coróase cunha torre con agulla piramidal. No adro existe un cruceiro.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Igrexa parroquial católica · Igrexa parroquial castrense

Style Neorrománico

Dedicated to André apóstolo

Made by Faustino Domínguez Coumes-Gay

Also known as Igrexa Castrense de San Andrés · Igrexa de San Andrés

Elevation here ≈ 20 m · Terrain Tiles

Nearest town A Coruña, 485 m away

Way of St James Camiño Inglés, 121 m away

People in the municipality 251,277 (2025) · IGE

Getting there

Wheelchair No

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby