Island
Sisargas Islands
Malpica de Bergantiños · A Coruña
Photo: Ramon Piñeiro · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Island group in Galicia, Spain, 95 m above sea level, 1.7 km from the O Camiño dos Faros.
As illas Sisargas son un arquipélago galego situado no océano Atlántico en fronte do cabo de Santo Hadrián, na chamada Costa da Morte. O arquipélago está formado pola illa Sisarga Grande –a maior das tres, que acolle un faro e un pequeno embarcadoiro–, a illa Sisarga Pequena –a máis próxima á costa– e a illa Malante –situada entre as dúas–. As illas pertencen ó concello de Malpica, na comarca de Bergantiños.
Xeografía
Están situadas preto da costa, con 750 m de distancia entre a illa Sisarga Pequena e o cabo de Santo Hadrián. Están a 3 km da vila de Malpica e a uns 35 km ao oeste da cidade da Coruña. O grupo disponse a xeito dun L invertido e xiradoː a illa Sisarga Grande é a máis occidental e setentrional; Malante, tamén chamada Atalaxeiro, ocupa a posición central e angular; e a illa Sisarga Pequena ten a posición meridional. Unhas doutras sepáranse por estreitas canles de mar (canal de Estádiga entre as dúas primeiras e canal de Esteirón entre a Malante e a Pequena). A máxima elevación pertence á Sisarga Grande con 100 metros sobre o nivel do mar.
Fauna
A importancia das Illas Sisargas está nas súas colonias de gaivota escura (Larus fuscus), garrucho (Rissa tridactyla), paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e arao dos cons (Uria aalge), aves escasas en Galiza e na Península Ibérica e que teñen aquí unha das súas maiores colonias. Ademais existe unha importante poboación de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), andurón real (Tachymarptis melba), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
Toponimia
O padre Sarmiento, que as denomina Cisargas, propuxo a hipótese de que o nome das Sisargas estaba referido a Xulio César, quen cara ao ano 60 a. C., chegou á Gallaecia, e someteu a súa parte Norte, aparecendo entre os ártabros, aos que, segundo as crónicas romanas, aterrorizaría coas súas naves, polo que se someterían decontado aos romanos. Esta hipótese supón que o seu nome latino sería *insulas Caesaricas, en acusativo plural, desvelando o estadio lingüístico actual a influencia seseante. En relación con isto, Rodríguez Bordallo e Ríos Graña sosteñen que aquí estivo localizado un dos grupos das Aras Sestianas, en concreto os citados por Tolomeo como "Sestíou bomoí": "tres altares de Sestíos". Con todo, o máis coherente e aceptado hoxe en día, é que proveñan dunha raíz hidronímica indoeuropea *eis- 'fluír', en grao cero *is-, dunha forma *Illas Isargas (de *Insulas Isáricas)[Cómpre referencia]. O S- non sería máis que a deglutinación do -s final de Illas. Da mesma produtiva raíz veñen tamén o nome do río Ézaro (de *Ísarus) e moitos outros hidrónimos galegos e europeos.
As Sisargas na cultura popular galega
Conta a lenda que nas illas vivían uns monxes que estaban acosados por unha gran colonia de serpes. Santo Hadrián, que andaba a predicar pola Costa da Morte, achegouse ás pedras da ribeira e dixo: "Eu, santo Hadrián, libérovos das serpes e desde hoxe nunca máis ás Sisargas irán". E, pisando unha que estaba ós seus pés, deixou gravada a súa silueta nunha das rochas, xunto á marca dos seus pés e da cunca que levaba. O certo é que o que se interpreta como a cunca e as pegadas son pías naturais da erosión da pedra, e a silueta da serpe é unha formación rochosa natural.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Malpica de Bergantiños
Parroquias de Malpica de Bergantiños
Outros artigos
Parque nacional das Illas Atlánticas Faro das illas Sisargas
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Illa · Grupo de illas
Area 1 m²
Length 1.6 m
Elevation here ≈ 95 m · Terrain Tiles
Nearest town Malpica, 4.8 km away
Trail nearby O Camiño dos Faros, 1.7 km away
People in the municipality 5,247 (2025) · IGE