Mountain
A Cova da Serpe
Anafreita · Friol · Lugo · 841 m
Photo: One2 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Mountain in Anafreita (Friol, Lugo), 841 m above sea level, 2 km from the Camiño do Norte.
A Cova da Serpe é a maior elevación da serra do mesmo nome con 841 m sobre o nivel do mar, e sitúase xusto no punto onde conflúen os lindes dos concellos de Guitiriz, Friol e Sobrado. O monte é citado xa no século X como Cova de Serpente e era un dos fitos que sinalaban a doazón inicial ao mosteiro de Sobrado. O nome procede dunha caverna localizada nas proximidades da cima, dunha lonxitude duns 12 metros, e un altor na boca de sobre 2 metros; a anchura máxima é de 5 metros. Domingo Fontán, durante a elaboración da súa Carta xeométrica de Galiza, estivo até tres veces na Cova da Serpe: en 1822, 1828 e 1830. A última vez, grazas ao acompañamento de bo tempo, puido ver polos seus aparellos a Torre de Hércules, situada a uns 70 quilómetros.
Lendas
Estanislao Fernández de la Cigoña recolleu dúas lendas diferentes sobre a cova. Nunha fálase dunha enorme serpe, capaz de tragar gando, dun bocado en Miraz (Friol), a uns 8 quilómetros de distancia, sen que o rabo do réptil saíra do gruta. Os veciños acaban por matar o monstro dándolle de cebo un burro de alcatrán, e prendéndolle lume. Na segunda lenda a filla do señor de Miraz escapa cun mozo aldeán, do que está namorada, acabando os amantes por refuxiarse na cova, onde o mozo será quen de matar á serpe. Porén, nas lendas recollidas por Carré, o señor de Miraz é substituído polo señor da torre de Narla.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Montaña
Part of Serra da Cova da Serpe
Elevation 841 m
Nearest town Guitiriz, 10.3 km away
Way of St James Camiño do Norte, 2 km away
People in the municipality 3,619 (2025) · IGE
Source MTN25 (2019)
Nearby
Igrexa de San Vicenzo das NegradasChurch building
Igrexa de San Pedro de AnafreitaChurch building
Igrexa de San Mamede de NodarChurch building
Capela de San Vitorio da SabugueiraChapel- Serra da Cova da SerpeMountain
- Mámoa do Alto da Mámoa 1Burial mound
- Mámoa do Sabugueiro 1Burial mound
- Mámoa do Sabugueiro 3Burial mound