Mountain

A Peneda

Soutomaior · Pontevedra · 329 m

A Peneda, mountain en Soutomaior

Photo: Tommyhilfiger · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Mountain in Spain, 329 m above sea level, 1.3 km from the Caminho Português de Santiago.

Este artigo trata dun monte galego, para o monte portugués véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda. O monte da Peneda é un pico montañoso galego. Ten unha altitude de 329 metros e está localizado entre a parroquia redondelá do Viso e mais as de Arcade e Soutomaior, do concello de Soutomaior. Dende o seu cumio pódese observar a ría de Vigo, as illas Cíes, a praia de Cesantes e a illa de San Simón.

Historia

Pola súa localización estratéxica, ao ser un punto elevado no medio dunha orografía chá, foi empregado como asentamento castrexo, aínda que do castro da Peneda só se conservan os restos dos muros exteriores. Tamén por esta mesma razón pertenceu a Pedro Madruga, famoso por facer fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Tamén se construíron varios castelos medievais, posteriormente asolados en diferentes conflitos. Destaca sobre todo o castelo de Castrizán levantado en 1477 polo Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca II, para cercar o castelo de Soutomaior e manter o control sobre Pedro Madruga.

Capela da Virxe das Neves

A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como ermida da Peneda, construíuse ao redor do século XVIII, e nela celébrase o 5 de agosto a romaría á Virxe das Neves.

Galería de imaxes

Outros artigos

Capela da Virxe das Neves Castro da Peneda

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Montaña

Elevation 329 m

Nearest town A Devesa, 1.9 km away

Way of St James Caminho Português de Santiago, 1.3 km away

People in the municipality 7,568 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby