Mountain
Monte Monseivane
San Simón da Costa · Vilalba · Lugo · 929 m
Photo: Breogan2008 · GFDL · Wikimedia Commons ↗
Mountain in San Simón da Costa (Vilalba, Lugo), 929 m above sea level, 12.8 km from Vilalba.
O monte Monseivane é, con 929 metros sobre o nivel do mar, o cumio de maior altitude da Serra da Carba. Son abondosos os animais que habitan neste monte, entre os que destacan as vacas, os cabalos salvaxes e os cervos. Tamén é destacábel a importante masa forestal de piñeiro bravo plantada na década de 1940. O ascenso ó monte pódese facer dende o lugar de Cornas, en Samarugo. Na metade do percorrido hai unha pequena área de descanso, onde se pode facer un alto antes de iniciar o tramo final da ascensión. Dende o cumio pódese albiscar toda a chaira que forma a comarca da Terra Chá.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Montaña
Elevation 929 m
Nearest town Vilalba, 12.8 km away
People in the municipality 13,946 (2025) · IGE
Nearby
- O Castro de SamarugoHillfort
- Castro de San Simón da CostaHillfort
- Castro das CroasHillfort
Igrexa de Santiago de SamarugoChurch building
Capela de San Xiao de SamarugoChapel- Igrexa vella de Santa María de MontoutoChurch building
- Igrexa nova de Santa María de MontoutoChurch building
- Igrexa de San Simón da CostaChurch building