Monastery

Monastery of San Pedro de Tenorio

Tenorio · Cerdedo Cotobade · Pontevedra

Monastery of San Pedro de Tenorio, monastery en Cerdedo Cotobade

Photo: (User:Estevoaei) · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Monastery in Tenorio (Cerdedo Cotobade, Pontevedra), 103 m above sea level, 8.3 km from Pontevedra.

O mosteiro de San Pedro de Tenorio é un mosteiro medieval situado na parroquia de Tenorio, no concello de Cerdedo Cotobade.

Historia

Algúns autores sitúan a súa primeira fundación no século X, e xa no ano 1073 figuraba un abade de Tenorio confirmando un documento de Lérez. A finais do século XV, despois de que Pedro Madruga mudase ó abade por un monxe do mosteiro de Lérez, o mosteiro foi abandonado polos monxes, que non acataron o nomeamento. Posteriormente foi usado como reduto defensivo polos guerrilleiros durante a Guerra da Independencia, e acabou destruído ó ser incendiado polo exército francés. O abandono definitivo tivo lugar despois da desamortización de Mendizábal.

Arquitectura

Da antiga fábrica románica do mosteiro da orde beneditina só se conserva a esquina suroeste da igrexa, e outras pezas como o Agnus Dei e un rosetón na fachada, actualmente un óculo (elementos do románico tardío ou de transición ao gótico). Ángel del Castillo tamén sinala a existencia dunha inscrición do século XIII que na actualidade resulta ilexible. Conta cunha igrexa barroca de século XVIII, construída sobre outra anterior probablemente románica a xulgar pola estrutura da bóveda e a forma dalgunhas ventás tapiadas. Probablemente a igrexa primitiva pertencese ao primitivo mosteiro fundado polos beneditinos. Hoxe non se conservan nin unha nin o outro, non obstante o conxunto é fermoso non só pola súa arquitectura senón tamén pola prácida paraxe en que está situado. O altar maior, de 1702, ten un retablo policromado coas imaxes de San Pedro, a Inmaculada e Cristo Rei. Foi deseñado posiblemente por Domingo Rodríguez de Pazos. Á dereita da nave hai un altar coa Sagrada Familia e a Virxe do Carme. Tamén hai un altar adicado a Santo Antón e outro a San Cristóbal. No lado esquerdo hai un púlpito, a Virxe do Rosario co Neno, unha figura de San Roque, e a Virxe das Dores coas Ánimas do Purgatorio. A fachada ten unha porta con lintel, baixo unha cruz con rosetón. O claustro do mosteiro é do século XVI, ten dúas alturas e tres ás que recordan ás de Lérez. De planta rectangular, é de estilo barroco clásico composto por arcos semicirculares que se apoian en columnas exentas sobre un podio corrido. No adro hai un cruceiro con base de tres chanzos. O fuste é estriado, e no capitel están nun lado a Virxe e o Neno, e no outro Cristo crucificado. Preto do lugar atópanse restos dunha fortaleza medieval.

Outros artigos

Mosteiros e conventos de Galicia.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Mosteiro

Style Arquitectura barroca

Dedicated to Pedro

Elevation here ≈ 103 m · Terrain Tiles

Nearest town Pontevedra, 8.3 km away

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby