Monastery

Church of San Nicolao de Cis

Oza Cesuras · A Coruña

Church of San Nicolao de Cis

O mosteiro de San Nicolao de Cis, coñecido tamén como San Salvador de Cis debido á súa advocación, foi un mosteiro medieval situado na parroquia de San Nicolao de Cis, no concello coruñés de Oza Cesuras. Na actualidade só se conserva en pé a súa igrexa monacal. Foi declarado monumento nacional por Real decreto 1057 do 27 de marzo do 1981.

Historia

A actual igrexa parroquial xurdiu coma mosteiro dúplice. Segundo López Ferreiro, foi fundado nos últimos anos do século IX ou nos primeiros do século X: Porén, as fontes documentais presentan diversos problemas, de tal xeito que moitos autores consideran que os dous primeiros documentos de referencia son falsos. Un primeiro documento sería carta fundacional que sinalaba o ano 909. Este documento por descoido dos monxes desapareceu do seu tesouro xa no ano 915. Un segundo documento chegou ata os nosos días, incompleto, por medio dunha copia nun pergameo que iniciou o traslado das escrituras o 22 de abril de 1349. Este segundo documento fai referencia á primeira metade do ano 911 (27 de xuño) e no que se rexistra o privilexio concedido ao mosteiro polo rei Ordoño II e a súa muller a raíña Elvira, a petición de dona Paterna e se acoutan os termos do mosteiro de San Salvador de Cis. Consérvase só o inicio do documento. Del García Álvarez fai a seguinte transcrición: No século XV convértese en priorado dependente de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.

Descrición

O templo primitivo do mosteiro foi mozárabe, aínda que desta época só se conservan un capitel de mármore mais un canzorro. A igrexa actual é un dos poucos exemplos de mosteiros que se poderían cualificar de góticos en Galiza. Como: «oxival, de tradición románica na ornamentación, obra da segunda metade do século XIV» é definida por Ángel del Castillo. Correspóndese cun estilo de igrexa característico da zona, outros exemplos son as igrexas de Santa María do Azougue e de Santiago na próxima cidade de Betanzos, xa que, en palabras de Hipólito de Sá Bravo: «... todas elas presentan dentro dun mesmo período ―segunda metade do século XIV― as características dos monumentos oxivais con reminiscencias románicas, fieis á traza dunha tendencia construtiva de ámbito comarcal».

Interior

A planta é basilical, con tres naves de tres tramos cada unha que rematan en tres ábsidas poligonais. Porén, da análise do seus trazados, mais sobre todo da súa sección lonxitudinal, dedúcese que se trata dunha organización en cruceiro que prefigura unha planta de cruz latina. Tanto os arcos transversais coma os formeiros son apuntados, sobre columnas constituídas por liñas de semicolumnas acaroadas, maiores as correspondentes aos eixes principais da igrexa, co que se crea unha complexidade espacial que contrasta co aspecto exterior da igrexa. As naves cóbrense cun teitume de madeira a dúas augas, bardante a correspondente ao teórico cruceiro, cuberto a catro augas e lixeiramente elevado sobre os dous faldróns principais da cuberta. No muro norte da igrexa ábrese unha capela sepulcral, do século XV, cuberta con bóveda de cruzaría que provén de columnas acodilladas nos ángulos e a que se accede a través dun arco apuntado semellante aos arcos triunfais. Os arcos triunfais que dan acceso ás capelas das ábsidas son tamén apuntados. A ábsida central é heptagonal e as laterais pentagonais; cóbrense con bóvedas nervadas de abano. As columnas que sosteñen os nervios da ábsida central están integradas nun zócolo corrido que forma unha arcatura con tres arcos trilobulados en cada tramo semellante ás dominicas de Pontevedra e Tui e á franciscana de Pontevedra. So os tres arquiños dos dous primeiros módulos da ábsida ábrense no friso arcos de medio punto que o comunican coas ábsidas laterais. Nos dous módulos seguintes os arcos forman unha especie de fornelos de gran profundidade. Sobre os arcos triunfais ábrense tres rosetóns, cuadrilobulados os laterais e con seis lóbulos o central. === Exterior ===…

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby