Monastery
Monastery of Santa María de Ferreira de Pallares
Ferreira de Pallares · Guntín · Lugo
Photo: Satna · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Religious building in Ferreira de Pallares, Guntín, 461 m above sea level, 17.5 km from Lugo.
O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares é un mosteiro medieval situado na parroquia de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín.
Historia
Fundouse no ano 909 polos condes don Ero Fernández e dona Laura; aínda que, o mosteiro existía antes da doazón de Ero e Elvira, pese a que a importancia da doazón fixo que os considerasen fundadores. A súa neta, a condesa Ocrocia Gosteez, ergeuse contra o rei Fernando I de León. Desde principios do século X prodigáronse as doazóns ao mosteiro, igual que no século XI e continuaron no século XII coas de Afonso VII, Afonso XI, Fernando Muñiz, a condesa Fronilde e Afonso IX. Ao longo do século XIII o patrimonio do mosteiro seguiu aumentando grazas a doazóns e permutas, como a realizada co bispo de Lugo, Martín, o 18 de xaneiro de 1228, ou mediante compra (a do abade Martín o 3 de febreiro de 1228). A posesión destes bens non foi sempre pacífica e ás veces tivo que intervir o propio monarca. A protección real foi continua: Sancho IV, Fernando IV, Afonso XI, Pedro I e Xoán I confirmaron e sentenciaron en varias ocasións a favor do cenobio. Cando, a petición dos Reis Católicos, se leva a cabo a reforma dos mosteiros galegos, Ferreira de Pallares foi anexionado por San Xián a Samos no ano 1517. A anexión foi sancionada pola bula de León X. Desde este momento quedou como priorado dependente do mosteiro de Samos ata a exclaustración do ano 1835. Na actualidade é unha simple parroquia da diocese de Lugo. A igrexa mosteiro é, segundo Yepes,[Cómpre referencia] unha das mellores de todo o bispado de Lugo. Nela mestúranse fórmulas e solucións románicas con outras protogóticas. Conserva dous sepulcros do gótico flamíxero da liñaxe dos Rodeiro.
Galería de imaxes
Outros artigos
Mosteiro Mosteiros e conventos de Galicia
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Mosteiro
Dedicated to Santa María
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 461 m · Terrain Tiles
Nearest town Lugo, 17.5 km away
People in the municipality 2,506 (2025) · IGE
Nearby
Church of San Pedro de RecelleChurch building
Igrexa de Santiago de EntrambasaugasChurch building
Igrexa nova de San Salvador de Guntín de PallaresChurch building
Igrexa vella de San Salvador de Guntín de PallaresChurch building
Igrexa de Santa Oalla de PradedaChurch building
Igrexa de San Xoán de Santa EuxeaChurch building
Igrexa de San Martiño de VilameáChurch building
Igrexa de San Vicente de VilamerelleChurch building