Museum

Pontevedra Museum

Pontevedra · 1927

Pontevedra Museum

O Museo de Pontevedra, tamén coñecido como Museo Provincial de Pontevedra, foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra. Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia. == Historia == O Museo de Pontevedra fundouno a Deputación Provincial de Pontevedra no pazo de Castro Monteagudo o 30 de decembro de 1927 e abriu ó público o 10 de agosto de 1929. Co tempo foi ampliando as súas instalacións. Desde 2012 o museo ocupa cinco edificios históricos máis un sexto edificio moderno que se comezou a construír en 2004 e que se inaugurou en 2012. O convento de Santa Clara de Pontevedra vaise reformar para acoller fondos do museo. Desde a súa fundación dirixírono Casto Sampedro Folgar (1927-1937), Xerardo Álvarez Limeses (interino, 1937-1940), Xosé Filgueira Valverde (1940-1986), Xosé Carlos Valle Pérez (1986-2019), José Manuel Rey García (2019-2023) e Ángeles Tilve Jar. O nomeamento desta última, en particular o xeito no que se produciu, provocou a dimisión do Consello Asesor o 28 de setembro de 2023. En novembro de 2025 foi confirmada como directora titular. == Edificio Castro Monteagudo == Este edificio está datado en 1760, e leva ese nome porque foi edificado por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na provincia Marítima de Pontevedra. É o edificio inicial do museo. As distintas salas exhibían tradicionalmente os fondos arqueolóxicos, de orfebrería prerromana e romana, pratería e pintura. Actualmente, a exposición permanente está en proceso de remodelación. === Salas de arqueoloxía === Á arqueoloxía estábanlle dedicadas tres salas no edificio Castro Monteagudo, presentando materiais moi significativos de etapas da prehistoria e da protohistoria de Galicia. Na última remodelación trasladáronse case todos estes fondos arqueolóxicos expostos para o Edificio Sarmiento. Algúns materiais aínda permanecen no seu lugar no ano 2014, como a colección de ourivaría galega tradicional que se empregaba para establecer un contraste coa colección de ourivaría prehistórica. === Colección de pratería Fernández de la Mora y Mon === A colección, depositada de modo permanente no edificio Castro Monteagudo, foi adquirida polo escritor e diplomático Gonzalo Fernández de la Mora y Mon. Está formada por pezas anteriores a 1900, predominando a arte civil sobre a sacra. As pezas son procedentes, ademais da Península Ibérica e de Hispanoamérica, doutros lugares coma Rusia ou China. A serie de prata niquelada (con incrustacións de aliaxes de chumbo) inclúe caixas e portavasos rusos, petacas turcas e cuncas tailandesas. Unha das pezas máis antigas é unha cunca bizantina para bautizar, do século XV ou XVI. A de maior relevancia histórica é unha caixa do predicador de Nova Inglaterra Thomas Hooker de 1600, e a máis nobre é unha caixa de rapé moscovita con cantos curvos de comezos do século XIX. Pero a peza máis valiosa é unha sopeira imperial, forxada en Estrasburgo cara a 1800, sen desmerecer unha xerra-trofeo ofrecida pola emperatriz de Alemaña Augusta Vitoria ao vencedor dunha carreira en 1898, con moedas de ouro incrustadas coas efixies dos tres emperadores que reinaron no mesmo ano. == Edificio García Flórez == O pazo de García Flórez chámase así por ser Antonio García Estévez Fariña e maila súa esposa Tomasa Suárez Flórez os que no século XVIII ergueron esta casa señorial sobre un pazo anterior. Foi unido ó Museo Provincial en 1943. Os fondos que se expón nas súas salas consisten en material e mobiliario de mareantes, escultura relixiosa e acibechería. == Edificio Fernández López ==…

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby