Museum
Museo Massó
Bueu · Pontevedra
O Museo Massó é un centro situado no concello de Bueu, no edificio usado como fábrica de conservas Salvador Massó e Fillos que instalou esta familia de orixe catalá a principios do século XIX. == Historia == A mediados do século XX a familia Massó foi xuntando unha espléndida colección de libros antigos, cartas mariñas e de navegación, mapas e instrumentos de navegación e outros obxectos relacionados co mar e a industria conserveira. En 1928 Guglielmo Marconi visitou as instalacións industriais dos Massó e propúxolles a idea de facer un museo. A idea foi aceptada e o 26 de novembro de 1932 inauguráronse as novas instalacións museísticas. O ano 1992 a Xunta de Galicia comprou a colección e os edificios que compuñan as instalacións. Tras unha rehabilitación reinaugurou o museo o 10 de xullo de 2002. == Contidos == Entre as obras expostas destacan pinturas de Urbano Lugrís, a colección de modelos de naves históricas e de instrumentos de navegación antiga. Na colección de libros, entre varios incunábeis, destaca a Cosmographia de Claudio Tolomeo de 1490. Unha das súas salas esta dedicada á etnografía de Bueu onde se reúne e expón unha ampla mostra de aparellos de pesca e marisqueo, como liñas, poteiras, nasas e, moi especialmente, o relacionado coa dorna de Bueu ou dorna polbeira (adicado á pesca do polbo). A carpintaría de ribeira ocupa unha ampla zona onde se expoñen os diferentes instrumentos e ferramentas que se utilizaban neste, case desaparecido, oficio. Tamén se mostra instrumental daqueles traballos complementarios á pesca, como a redería, a calafatería e cabulería. Provenientes das antigas instalacións conserveiras da fábrica de Massó hai unha mostra de diferentes máquinas utilizadas para a realización da conserva, dende a construción da lata ata a saída da conserva. Móstrase o seu funcionamento mediante fotografías e proxeccións. Os Massó construíron unha factoría de tratamento de cetáceos na veciña localidade de Cangas de Morrazo. Destas instalacións e dos barcos baleeiros que subministraban a materia prima, hai unha colección de instrumental de desmembramento e caza de baleas, entre os que destaca un canón de arponeo e diferentes tipos de arpóns. == Véxase tamén == === Outros artigos === Bueu === Ligazóns externas === Páxina web do Museo Massó Arquivado 08 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Getting there
Opening hours Tu-Sa 09:00-21:30 · Su 10:00-14:00
Admission Free
Phone +34 886 151 101
Chegar en bus
- Bueu (porto)a 100 mBueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Cangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A. · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu (porto)-Pousada-Igrexario de Cela-Outeiro-Bueu (porto) · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A. · Bueu (porto)-Aldán-Cangas de Morrazo E.A.
- Rúa Alfonso Rguez. Castelaoa 196 mBueu (porto)-Portela-Ermelo · Bueu (porto)-Portela-Ermelo
- Bueu (porto)a 197 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Bueu-Marín-Os Praceres (PO-546)-Pontevedra E.A. · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.