Monument
The Fiel Contraste
Pontevedra · 14 m · 2010
Photo: Adrián Estévez (Estevoaei) · GFDL · Wikimedia Commons ↗
Sculpture in Pontevedra (Spain), 14 m above sea level, 137 m from the Caminho Português de Santiago.
O Fiel contraste é un grupo escultórico creado polo escultor Ramón Conde, situado en Pontevedra. Atópase na rúa da Alhóndiga, detrás da Casa Consistorial de Pontevedra, e foi inaugurado o 30 de abril de 2010.
Historia
O grupo escultórico está situado no lugar onde na Idade Media atopábase a Alfándega ou mercado municipal de cereais. A estatua central lembra ao funcionario medieval (contratado polo concello) que, á entrada das murallas de Pontevedra, xunto á Torre da Bastida, contrastaba fielmente coa súa balanza os pesos e medidas das mercadorías que se ían vender na cidade. Ata o século XVI, a Alfándega estaba situada onde hoxe atópase a casa do Concello de Pontevedra. Á entrada da Alfándega, o Fiel Contraste encargábase de comprobar os pesos e medidas de todas as mercadorías que chegaban alí para ser vendidas. Da comprobación do peso do pan ou dos cereais ou das medidas do viño dependían os impostos do mercado. A desaparición desta profesión produciuse coa unificación de pesos e medidas que levou a cabo a administración borbónica, coa aparición do sistema métrico decimal e, finalmente, coa inauguración da actual Casa do concello en 1880. O auxe comercial e pesqueiro de Pontevedra impulsara a celebración de mercados na cidade, destacando a Feira Franca concedida a Pontevedra en 1467 polo rei Henrique IV de Castela, cando a cidade era o principal porto de Galicia.
Descrición
O grupo escultórico consta de cinco pezas. A peza central de bronce é o Fiel Contraste, que representa a un home hercúleo (característico da obra de Ramón Conde) e intemporal, co brazo esquerdo estendido sostendo unha balanza na man. A estatua mide 1,93 metros de altura e pesa 300 kg. Os seus marcados trazos denotan poder e autoridade no exercicio da súa función de resolver conflitos sobre o peso exacto dos produtos nas feiras e mercados da cidade. Ao redor desta estatua central hai catro pezas bidimensionais de aceiro corten en forma de siluetas ou sombras que representan personaxes populares dun mercado urbano medieval, como os vendedores coas súas cestas diante ou os mercadores dun día calquera nun mercado urbano. O grupo escultórico está valorado en 100.000 euros.
Outros artigos
Casa Consistorial de Pontevedra
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Installation
Made by Ramón Conde
Walls Bronze · Aceiro corten
Height 1.93 m
Elevation 14 m
Nearest town Pontevedra, 286 m away
Way of St James Caminho Português de Santiago, 137 m away
People in the municipality 83,339 (2025) · IGE
Getting there
Address Rúa Alhóndiga
Getting there by bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)355 m awayPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
- Avda. Reina Victoria Uxía360 m awayPonte da Barca-Pontevedra (X)
- Xofre De Tenorio376 m awayA Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Basilica of Santa María la MayorCathedral
Monastery of San Salvador de LérezMonastery
San Xoán de Poio monasteryMonastery
Wall of PontevedraCastle
Fortress and Archbishop's Towers (Pontevedra)Castle
Pazo de Castro MonteagudoPazo (Galician manor)Pazo de los Gago y MontenegroPazo (Galician manor)
Pazo of the Marquises of ArandaPazo (Galician manor)