Square
Parque del Monte de San Pedro
A Coruña · 129 m

Photo: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Park in Spain, 129 m above sea level, 2.8 km from the Camiño Inglés.
O parque municipal do Monte de San Pedro comprende unha ampla extensión de territorio, 78 339 m², de accidentada topografía e vistas sobre a cidade da Coruña e unha ampla franxa de beiramar, que abrangue dende o cabo de Santo Hadrián e as illas Sisargas ó oeste, até os cabos Prior e Prioriño ó nordés. Inaugurouse o 6 de xuño do 1999 trala modificación de uso do terreo no que se atopa. Antes era un espazo militar-defensivo localizado nun punto xeográfico estratéxico, orientado á entrada da ría coruñesa. Este antigo carácter militar pódese apreciar en restos de construcións que supoñen un grande atractivo, coma refuxios subterráneos, barracóns para a tropa, garitas e, sobre todo, as espectaculares baterías de costa. No parque tamén se pode atopar un labirinto inglés confeccionado con plantas italianas, un estanque con parrulos, unha sala na que se exhiben pezas militares e varias zonas de xogos infantís. Entre os anos 2006 e 2007 engadíronse varias construcións: O ascensor panorámico: ascensor esférico e acristalado cunha capacidade de 25 viaxeiros. Salva unha altura de 63 m cun percorrido de 100 m, en 3 minutos e 20 segundos. A cafetería-restaurante. O observatorio: un edificio acabado en cúpula semiesférica que serve coma miradoiro. De especial presenza é o bordo litoral, coas súas características formacións rochosas, flora e fauna. Ladeiras de toxos e uces, de cores amarelas e rosas, nas que se mesturan outras especies vexetais típicas de ambientes costeiros, incluíndo algunhas plantas endémicas que prosperan ante o respecto ó seu hábitat. E sobre elas, multitude de pequenas aves coma papuxas, xílgaros ou liñaceiros que sobrevoan o parque, aportando cor e vida.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Parque
Elevation 129 m
Nearest town A Coruña, 3.3 km away
Way of St James Camiño Inglés, 2.8 km away
People in the municipality 251,277 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Os Rosales468 m awayA Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
