Pazo (Galician manor)

Pazo de Fontelo

Aiazo · Frades · A Coruña

Pazo de Fontelo, pazo (galician manor) en Frades

Photo: Erzskamera · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Pazo (Galician manor) in Aiazo (Frades, A Coruña), 325 m above sea level, 11.8 km from Ordes.

O Pazo de Fontelo é unha antiga mansión barroca do século XVIII emprazada no núcleo tradicional de Fontelo, na parroquia de Aiazo do concello coruñés de Frades. Ten recibido outras designacións, especialmente Casa de Ramos ou Pazo de Ramos, se ben hoxe en día, e debido á división da súa propiedade, resulta máis axeitado referirse ao mesmo pola localización.

Características

Unha única nave compón o pazo orixinal. Duns 25 metros de longo por outros 12 de ancho, o pazo foi ergueito en cachotaría de xisto e granito con ornamentación barroca traballada en cantaría nos esquinais, linteis, xambas e soleiras. Na fachada oeste eríxese unha prominente cheminea de cachotaría. Ademais dos máis de 600 m² de vivenda principal, engadíanse outras construcións complementarias nas inmediacións do mesmo, tales como hórreos ou alpendres, a maioría hoxe desaparecidos. No inicio da súa construción, houbo dificultades co tipo de solo do soar, no que non se atopaba un substrato firme para os alicerces, problema que se solucionou coa creación dun grande leito de madeira carbonizada. A súa construción tería sido ordenada arredor do cambio de século do XVII para o XVIII, sendo así finalizada esta na primeira metade do XVIII. No Pazo de Fontelo estableceuse daquela a liñaxe dos Ramos, unha adiñeirada familia, con múltiples terras en propiedade, moi ben colocadas na sociedade galega do momento e coñecidos polos seus contactos e influencias nas elites galegas e españolas do momento. Os cabezas de familia foron ben coñecidos, sobre todo, por manifestar activamente apoio a Carlos María Isidro de Borbón durante as guerras carlistas do século XIX. Naquela hora, Fontelo era unha vila que actuaba como centro socioeconómico na contorna de Aiazo e as súas inmediacións. O pazo dos Ramos erixíase sobre a vila, destacando pola súa prominencia e envergadura. Antes de se constituír Frades como municipio, Fontelo funcionaba como núcleo administrativo para diferentes aspectos, sendo a Casa de Ramos o principal lugar para calquera trámite. A comezos do século XX, partillas de herdanzas deron lugar á división da mansión en varias vivendas, á vez que estas pasaron a mans doutras familias tras seren vendidas. Dúas divisións internas transformaron a nave principal en tres vivendas contiguas, sendo a orixe de diversas remodelacións que alterarían para sempre a estrutura e moitas das características orixinais do edificio. A día de hoxe consérvase a nave principal, tanto con modificacións internas como externas. Estas últimas dificultan a apreciación do pazo a simple vista, xa que en aparencia semellan diferentes casas e alpendres de materiais e revestidos variados. Porén, a súa fachada oeste, coa súa prominente cheminea e unha xanela no primeiro andar que conserva a ornamentación en cantería, e a día de hoxe a característica máis rechamante do Pazo de Fontelo.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Pazo

Floors 2

Also known as Casa de Ramos

Elevation here ≈ 325 m · Terrain Tiles

Nearest town Ordes, 11.8 km away

People in the municipality 2,146 (2025) · IGE

Getting there

Address 12-13, 15686, Fontelo

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby