Pazo

Pazo de Leis

A Baña · A Coruña

O pazo de Leis, ou pazo do Barro, é unha casa señorial tradicional situada no Barro de Arriba (O Barro, A Baña). Trátase dunha edificación do século XVI en bo estado de conservación que está composta por unha torre e un corpo acaroado. Os muros están feitos de cachotaría e cadeirado de granito. Ten tellado a catro augas no corpo máis elevado e a dúas no inferior. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao marquesado dos Leis. O pazo foi mercado e restaurado por unha familia non vinculada ao marquesado dos Leis.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby