Pazo (Galician manor)
Pazo de San Roque
Vigo · Pontevedra
Photo: farrangallo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Pazo (Galician manor) in Vigo, Pontevedra, 97 m above sea level, 36 m from the Caminho Português de Santiago.
Non confundir co pazo de San Roque de Santiago de Compostela. O pazo de San Roque é unha casa señorial de finais do século XVII que se atopa no outeiro de San Roque, en Vigo. O edificio é propiedade de Abanca, porén a leira da antiga mansión é hoxe en día un parque municipal aberto ao público, o Parque de San Roque. Cada 16 de agosto celébranse, dende o século XVIII, na carballeira e capela de San Roque as festas de San Roque, de gran devoción en Vigo.
Historia
A historia do pazo e a capela de San Roque están pouco documentadas. Sabemos que a capela ergueuse por volta de 1600 despois de que a peste batese con forza na vila de Vigo en 1598 con máis de dúas mil vítimas e a xente atribuíse a curación a San Roque. O pazo construíuse en 1688, e nel morou nos seus comezos a familia Méndez de Soutomaior. Un dos últimos inquilinos foi Francisco Xavier Quiroga, comandante de Mariña de Vigo. Despois de anos de abandono, no ano 1925 a casa foi mercada pola antiga Caixa de Aforros Municipal de Vigo, hoxe Abanca, polo que é de propiedade privada, só abríndose en días sinalados, como nas Festas de San Roque, cada 16 de agosto. No ano 1935 o Concello de Vigo converteu a leira nun xardín municipal. No ano 2003, o, daquela, Novagalicia Banco rehabilitou todo o edificio para acoller eventos. Restaurouse a fachada, cambiáronse as cubertas, incluídas as estruturas de madeira, e substituíuse o coro da capela. Tamén se restauraron os tres retablos decimonónicos de San Roque, Nosa Señora do Rosario e a Dolorosa.
Estilo
Típico pazo galego de finais do século XVII, de fábrica de cantaría de granito galego cunha superficie total de 640 m², con dous andares, semisoto e planta terrea. Á leira accédese grazas a un portalón de pedra cun amplo panel, cun oco con linteis e decorado con brasóns e xanela central. O pazo é un edificio ameado con muros encalados, agás os recercamentos de fiestras, brasóns e esquinais. Preto do pazo atópase a Capela de San Roque, ampla, con brasóns e espadana, que se comunica cunha singular ponte en arco a unha construción circular. Cómpre salientar tamén o pombal.
Xardíns
Malia ser un pazo de propiedade privada, a leira é un parque público, Parque de San Roque. Ten unha superficie de 17.000 m² e acolle ademais do pazo, a capela de San Roque, o pombal e árbores senlleiras, especialmente eucaliptos e carballos centenarios. Ademais atópanse outras especies como castiñeiros, camelias, cerdeiras, bidueiros, magnolias, abetos, loureiro e acacias. Existe ademais un palco da música de recente construción, e que na súa parte inferior acolle as oficinas da Irmandade de Devotos de San Roque.
Afundación
Dende que Afundación adquiriu o edificio fixo unha serie de reformas para o habilitar para sala de reunións, conferencias, convencións, xantares, ceas etc. cos máis modernos medios tecnolóxicos. No semisoto áchase o vestíbulo, aseos, almacén, cociña e un salón-comedor, na planta terrea existe outro vestíbulo, a área de recepción, aseos, gardarroupa, gabinete, a sala de xuntas e dúas salas de conferencias.
Outros artigos
Pazo de Castrelos Pazo da Pastora
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Pazo
Elevation here ≈ 97 m · Terrain Tiles
Nearest town A Ceboleira, 895 m away
Way of St James Caminho Português de Santiago, 36 m away
People in the municipality 295,735 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Avda. de Madrid313 m awayAvda. de Galicia-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · Torneiros-Vigo E.I. · Ponteareas E.A.-Vigo E.I. · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Vigo E.I.
- Avda. de Madrid324 m awayA Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · Avda. de Galicia-Vigo E.I. · Ponteareas E.A.-Vigo E.I. · Torneiros-Vigo E.I. · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · Torneiros-Vigo E.I. (por Rebullón)
- Avda. Gregorio Espino418 m awaySalvaterra-Vigo E.I. · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Hospital Álvaro Cunqueiro
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Concatedral de Santa María de VigoCathedral
Monastery of A Visitación das Salesas Reais, VigoMonastery
Castillo de San SebastiánCastle
Castro fortressCastle
A Guía lighthouseLighthouse
Pazo of CastrelosPazo (Galician manor)
Hotel Pazo Los EscudosPazo (Galician manor)
Casa Torre de Ceta y ArinesPazo (Galician manor)