Pazo (Galician manor)
Palace of Faramello
Ribasar · Rois · A Coruña
Photo: Iago Pillado · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pazo (Galician manor) in Ribasar (Rois, A Coruña), 67 m above sea level, 93 m from the Caminho Português de Santiago.
O pazo do Faramello é un pazo barroco (século XVIII) situado na parroquia de Ribasar no concello de Rois, moi preto do Camiño portugués de Santiago e a 12 quilómetros de Padrón e Santiago de Compostela. Conta cun eido de 12,6 hectáreas onde salientan os xardíns franceses deseñados no século XIX. Está arrodeado por unha carballeira de gran biodiversidade e do lendario castro da Raíña Lupa. Emprégase actualmente como lugar de celebracións, xuntanzas, vodas etc. O seu actual propietario, Gonzalo Rivero de Aguilar, vive no pazo e acostuma servir de guía aos visitantes.
Historia e arquitectura
Trátase dun edificio de estilo barroco civil compostelán con influencias italianas que delatan a orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino. Construíuse para servir de vivenda familiar e ergueito nuns socalcos sobre o canón do río Sar a comezos do século XVIII de estilo barroco compostelán civil. É o último pazo do Camiño Portugués a Compostela. O edificio principal supera os 2100 m² e a súa orixe é industrial, xa que se fundou a partir da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos. Nas súas cabalarizas albergouse o arsenal contra as tropas francesas nas revoltas do 2 de xuño de 1808. O pazo foi ademais residencia de verán do rei Afonso XIII e do Infante Lois de Baviera nas súas viaxes a Galiza, polo que tamén se coñece co nome local de Balmoral do Sar. A Presidencia da Xunta de Galicia solicitouno en varias ocasións para dar o discurso de Nadal do Presidente Manuel Fraga Iribarne. A capela das Neves data do ano 1727 e acolle un retablo de madeira realizado polo mestre Xosé Gambino, nado no pazo, e un dos escultores barrocos principais da catedral de Santiago de Compostela. No pazo hai dous cruceiros, un no xardín e outro a carón da capela
O pazo e a literatura
Varios autores galegos víronse fascinados polo pazo. Emilia Pardo Bazán dixo: Hai moitos pazos, mais Faramello é único; Rosalía de Castro confesou que a beleza do Faramello conxeláralle a alma; Cela dixo que o pazo é o segredo mellor gardado do Camiño que din do Apóstolo. É ademais unha das contornas principais da novela de Alejandro Pérez Lugín La casa de la Troya, de 1915.
Xardíns
O eido mide unhas 12,6 hectáreas; nel aparecen os xardíns franceses deseñados no século XIX. Ademais posúe regueiros con fervenzas, arboredos e unha carballeira de gran biodiversidade con especies salientábeis como lontras, grúas e garzas. Disque nunha poza vive unha ninfa que por veces sae da auga para contemplar a paisaxe deitada nun penedo (típica lenda galega de mouras).
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Pazo
Style Arquitectura barroca
Also known as Pazo de Rivero
Elevation here ≈ 67 m · Terrain Tiles
Nearest town O Milladoiro, 5.6 km away
Way of St James Caminho Português de Santiago, 93 m away
People in the municipality 4,355 (2025) · IGE
Getting there by bus
- O Faramello361 m awaySantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · A Coruña-Ordes-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
- O Faramello418 m awaySantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa
- Rúa de Francos561 m awaySantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · A Coruña-Ordes-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.


