Pazo (Galician manor)
Palace of Rial
Sobrán · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra
Photo: Furado · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Vilagarcía de Arousa, Spain, 16 m above sea level, 110 m from the Camiño Portugués Variante Espiritual.
O pazo do Rial é unha casa señorial que se atopa en Vilaxoán, na parroquia de Sobrán, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa; moi preto da vila. Ergueito no século XVII en estilo barroco, e vencellado historicamente á familia nobre galega: Mariño de Lobeira, na actualidade funciona como instalación hoteleira e restaurante. Está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Hotel-Monumento Histórico Artístico.
Historia
É unha gran casa señorial do século XVII ergueita sobre unha construción anterior medieval por Xoán Antonio Mariño de Lobeira.[Cómpre referencia] Un dos descendentes desta familia, no século : Pedro Mariño casou con Clara Caamaño, neta de García de Caamaño, o fundador de Vilagarcía de Arousa.[Cómpre referencia] Dende 1815 por mor dun preito pola sucesión do pazo de Rubiáns, estes dous pazos volveron quedar vencellados á familia Ozores, á súa vez descendentes dos Caamaño.[Cómpre referencia] A comezos do século XX, o Rial ficou abandonado. Nos anos 1970 vendeuse e foi transformado e ampliado para se converter no hotel que hoxe segue a ser.
Descrición
O pazo atópase nun outeiro de onde divisaba as terras achegadas. Presenta fábrica de cantaría de granito e planta rectangular. É un grande expoñente da arquitectura barroca galega. O edificio atópase flanqueado por dúas torres de tres andares, todo a decoración ten un estilo barroco de grande harmonía, por ser construído nun mesmo momento: tanto o corpo coma as torres están ameadas, atopamos ademais cornixas molduradas, varios balcóns sobre canzorros labrados; as torres teñen nos seus ángulos superiores gárgolas a xeito de canóns. As potentes chemineas salientan o seu aspecto señoril. Na fachada do corpo central, así coma na parte superior das torres aparecen varios escudos de armas que representan as distintas familias que nel moraron: Ozores, Soutomaior, Sarmiento e no centro o brasón dos Mariño de Lobeira, coa serea, as ondas, os lobos e maila estrela. A casa tamén ten unha capela e un hórreo É o máis importante dos pazos de Vilaxoán. A súa imaxe lembra ao achegado pazo de Sobrán.
Galería de imaxes
Outros artigos
Pazos de Galicia Pazo de Rubiáns Pazo de Sobrán Pazo de Pardiñas
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Pazo · Monumento
Roof Roof tile
Walls Stone
Protected as Ben de Interese Cultural
Catalogue ref. RI-51-0008766
Elevation here ≈ 16 m · Terrain Tiles
Nearest town Vilaxoán, 1.3 km away
Way of St James Camiño Portugués Variante Espiritual, 110 m away
People in the municipality 37,975 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Rial I107 m awayO Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Renza · Avda. A Mariña-Andras-Avda. A Mariña
- Rial I117 m awayO Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Renza
- O Rial277 m awayIES Armando Cotarelo Valledor-Aralde I · IES Armando Cotarelo Valledor-Aralde I
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
.jpg?width=400)
