Palace
Pazo provincial de Ourense
Ourense
O Pazo provincial de Ourense é un edificio histórico desa cidade, que na actualidade acolle a sede da Deputación de Ourense. == Localización == O edificio sitúase na zona sur do concello, na marxe exterior da cidade vella, sobre a rúa do Progreso. Atópase lindando co bispado, e a uns 200 metros da praza maior. == Historia == O edificio construíuse a finais do século XIX, co obxectivo de converterse nunha fábrica de afiaduras. Fora promovido pola familia Pérez Bobo. En 1895 a Deputación de Ourense mercou o local e o arquitecto Daniel Vázquez Gulías imprimiulle unha fonda reforma, onde lle engadiu o corpo central e pola que adquiriu a fasquía que se pode ver na actualidade. Dende ese ano ata 1936 o edificio foi a sede da Deputación (segundo andar), da Audiencia provincial, do Goberno civil (primeiro andar), da biblioteca pública provincial e do centro de recrutamento. Durante a ditadura o edificio quedou destinado unicamente a goberno civil e deputación, e a rúa mudou de nome e pasou a chamarse General Franco. Nos anos sesenta o goberno civil pasou á súa localización recente do parque de San Lázaro, e o edificio quedou destinado unicamente ao servizo da Deputación. Ben entrada a democracia, a rúa recuperou o seu nome orixinal de Progreso.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Rúa Xoán XXIIIa 31 mOurense-Pontevedra E.A. (X) · Ourense-Vigo E.I.-Cuvi · Cuvi-Vigo E.I.-Ourense
- Rúa Xoán XXIIIa 38 mPontevedra (Praza de Galicia)-Ourense (X)
- Rúa Progreso 91a 123 mOurense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Quintela-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Quintela-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.