Petroglyph

Pedra das Ferraduras

San Xurxo de Sacos · Cerdedo Cotobade · Pontevedra

Pedra das Ferraduras, petroglyph en Cerdedo Cotobade

Photo: Adrián Estévez (User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Petroglyph in San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade, Pontevedra), 256 m above sea level, 12.6 km from Cuntis.

A Pedra das Ferraduras é un complexo conxunto de petróglifos ao ar libre, con gravuras datadas no calcolítico e os inicios da Idade de Bronce, arredor do 2000 a. C., situada no concello de Cerdedo Cotobade.

Situación

A pedra sobre a que se realizaron os gravados sitúase na ladeira dun monte, no lugar de Fentáns, parroquia de San Xurxo de Sacos, concello de Cerdedo Cotobade. Atópase na zona de Galicia, e unha das áreas do mundo, de maior concentración de representacións deste tipo, no val do río Lérez, desde onde semella terse estendido este fenómeno cultural, a través sempre dos vales dos ríos.

Descrición

A pedra é de regulares dimensións. A rocha é de gran tamaño e presenta forma alombada concentrándose as numerosas insculturas na parte superior, plana, e a cara orientada cara ao sur, de forte pendente. Na parte superior amósase unha combinación de círculos concéntricos con trazos encostados ao anel externo, numerosas pegadas de cérvidos ou bóvidos e dúas combinacións circulares atípicas. Na cara sur represéntanse sete figuras zoomórficas (un deles con gran cornamenta), tres deseños idoliformes (probablemente ídolos cilindro) e cinco figuras antropomórficas moi simples que, posiblemente armados, rodean os animais. A figura antropomorfa no centro da parte superior e central empuña na man dereita unha enorme espada moi desproporcionada en relación á figura humana, e sostén co outro brazo un escudo circular, entendéndose como unha posible representación xerárquica. Xunto á espada represéntase un puñal de menor tamaño. Varios dos animais presentan dardos ou frechas cravadas no seu lombo, polo que nesta parte sur podería representar unha escena de caza. Malia a dificultade dunha datación segura para este tipo de elementos, as representacións de ídolos cilíndricos póñense en relación coas pezas chamadas ídolos cilíndricos que teñen aparecido nalgúns megálitos de cronoloxía máis avanzada. Trátase dun conxunto rupestre que presenta boa cantidade de recursos artísticos e de cuxa utilización só existen diversas teorías relacionadas coa relixión, ritos iniciáticos ou como marca delimitadora dun territorio, mais todas elas de moi difícil demostración.

Outros artigos

Petróglifo Petróglifos de Galicia

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Petroglyph

Protected as Ben de Interese Cultural

Elevation here ≈ 256 m · Terrain Tiles

Nearest town Cuntis, 12.6 km away

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby