Menhir

Statue-menhir of Rebordiño

O Castro de Laza · Laza · Ourense

There is no photo of Statue-menhir of Rebordiño yet

If you have one, upload it to Wikimedia Commons ↗ with the coordinates set and it will reach this map on its own, and any other that uses open data. Or send it to us.

{{Location|42.08635|-7.50683}}

Menhir in Spain, 564 m above sea level, 487 m from the Camino Sanabrés.

A pedrafita de Rebordiño é un menhir do tipo «forma cabeza», posiblemente da Idade de Bronce, atopado en Soutelo Verde (O Castro de Laza, Laza).

Descrición

Trátase dunha pedra de granito de 1,88 m de altura, 0,76 m de anchura e 0,40 m de espesor. Presenta unha protuberancia na parte superior que se interpretou como unha cabeza. A un terzo da altura presenta dúas escotaduras que buscan a forma antorpomorfa que se pode ver noutras estatuas-menhir deste tipo.

Historia

O megálito deuno a coñecer en 2015 o etnógrafo Bruno Rúa. Non forma parte de ningunha linde entre aldeas ou parroquias. Un pastor local de Carraxo conservaba unha lenda que di que o menhir é un home que se atreveu a tratar de roubar a clave de ouro que sostiña a bóveda que había debaixo do Castro dos Mouros. Como castigo, o rei mouro converteuno en pedra. Outra lenda conta que cando as mozas ían levar o gando aos prados da Escaceira, a moura que vivía no Pozo da Moura, que nunca secaba, a carón do menhir, insistía en peitealas.

Localización

Atópase preto de Carraxo, alén da estrada OU-113, nunha ladeira de difícil acceso do val do río Támega, nos contrafortes occidentais da serra de Meda, unha prolongación da serra de San Mamede. O lugar é unha fieiteira preto dos restos do poboado fortificado da cultura castrexa de Castro dos Mouros, e podería estar relacionado con el. Do poboado non se conservan restos de muralla ou construcións e foi moi alterado polas actividades forestais. Na zona atopáronse tamén até 78 petróglifos, entre en Soutelo Verde o das Ferraduras, formado por catro ou cinco coviñas e un signo en forma de ferradura.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

Walls Granite

Height 1.88 m

Elevation here ≈ 564 m · Terrain Tiles

Nearest town Verín, 17 km away

Way of St James Camino Sanabrés, 487 m away

People in the municipality 1,151 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Nearby