Mountain
Pena Corneira
Abelenda das Penas · Carballeda de Avia · Ourense
Photo: Elisardojm · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Mountain chain in Spain, 703 m above sea level, 8.3 km from Ribadavia.
Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro. No cumio do monte atópase a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.
Xeoloxía
Trátase dunha prolongación ao noroeste da serra do Suído, entre as concas do río Avia e do Miño. Xeoloxicamente trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 quilómetros en sentido meridiano e 7 quilómetros en sentido suroeste-nordés de hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O batólito constitúeno rochas graníticas hercinianas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, coa presenza de granitos biotíticos e granodioritas biotítico-anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posíbel a existencia do macizo e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bólos, pías (pot holes, gnammas) etc.
Flora e fauna
A erosión encheu o outeiro de penedos a xeito de grandes bólas de granito e rochas de estrañas formas (outeiro da campá, outeiro dos forniños, outeiro do lagarto, outeiro da bañeira do demo...), e onde salienta o gran fito do cumio, referente visual, xunto co Faro das Laceiras do val do Avia. O espazo está practicamente cuberto por carballeiras e fragas de interese botánico.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Serra · Monumento Natural de España
Area 998 m²
Elevation here ≈ 703 m · Terrain Tiles
Nearest town Ribadavia, 8.3 km away
People in the municipality 1,172 (2025) · IGE
Nearby
Igrexa de Santo André de Abelenda das PenasChurch building
Igrexa de San Martiño de BaldeChurch building
Igrexa de San Pedro de BeiroChurch building
Igrexa de San Miguel de CarballedaChurch building
Igrexa de San Cosmede de FaramontaosChurch building
Igrexa de San Xiao de MuimentaChurch building
Igrexa de Santa María de Vilar de CondesChurch buildingIgrexa de San Xoán de OregaChurch building