Mountain
Trevinca
A Veiga · Ourense · 2127 m

Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar. Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. A ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. O motivo de protección radica en constituír un ecosistema subalpino galego ben conservado. Ademais, a parte zamorana de Pena Trevinca está recoñecida dentro do Parque Natural do Lago de Seabra e o pico ao completo como parte do lugar de interese xeolóxico dentro do "Altiplano da Serra Segundeira", que se estende por parte da Veiga e de Seabra. == Xeografía e xeoloxía == === Xeografía === ==== Pico de Pena Trevinca e o macizo ==== O pico de Pena Trevinca coñécese tamén co nome de Pena Trevinca Sur (2127 m). Forma parte dunha serra do macizo de Pena Trevinca que rexistra varias altitudes superiores aos 2000 m, como Pena Negra (2123 m), Pena Surbia (2122 m) ou Pena Trevinca Norte (2041 m). O grupo de picos de Trevinca están á cabeceira do río zamorano Tera e forman un val glacial. As serras menores que a rodean ocupan os espazos do leste e suroeste de Trevinca. O río Sil limítaas máis ao norte, e os ríos Bibei e Xares nacen na serra e limítana polo oeste. ==== O espazo natural de Pena Trevinca ==== O espazo natural declarado ZEC ampara a serra Calva e a parte da serra do Eixe. Entre os picos que protexe están Pena Survia, Pena Trevinca, Alto do Torno e o Alto da Corraliza. A hidrografía do espazo inclúe a parte do río Bibei e case a metade do encoro de Pías, os altos do río Xares e Sanxil, o río da Canda, os rego dos Poulos ou do Couto, o rego da Fonfría e río da Camba na súa parte final xa no encoro do Vao. === Xeoloxía === O pregamento herciniano do macizo ibérico e os posteriores axustes modelaron as serras que rodean a Pena Trevinca. Pena Trevinca está a unha altura importante pero mostra caídas ao seu arredor de máis de 700 metros. Os efectos da glaciación do cuaternario formaron eses vales e deixaron chairas puídas con guías de rotura sobre das rochas abruptas. Arredor do arco do glacial vénse morenas. O pregamento no que está Trevinca é de xistos e cuarcitas do cámbrico-ordovícico. Noutras áreas do espazo natural hai solos de granitoides biotíticos, lousas ou filitas con xistos, cuarcitas brancas ou lousas homoxéneas. Na vertente zamorana os solos están formados por lousas. Desde o pico de Pena Trevinca pódese observar a forma en "U" do val fluvial de orixe glacial do río Tera. Na Pena Trevinca pódense observar pregamentos sinformes. === Clima === O macizo de Pena Trevinca ten un clima de alta montaña nos seus cumes e arredores. Os espazos que rodean a estes teñen climas centroeuropeos, de tipo perhúmidos mesotérmicos. == Flora e fauna == === Flora === No ecosistema de Pena Trevinca hai as augas estancadas da montaña con vexetación oligotrófica ou mesotrófica. Nestas altitudes están presentes especies como o piorno galego. Arredor de lagoas e da auga, e en zonas altas hai turbeiras. Nos cumes das montañas hai queiroas de zonas temperás, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e outras especies de lugares máis secos ou incluso alpinos e boreais. Algúns queiroas mostran toxos con elas. Nos vales dos ríos hai comunidades de vexetación de brañas e ribeiras, e preto deles prados secos e matogueiras e gramíneas, como Nardus. Nas altitudes máis baixas hai prados de sega e sega de montaña. Os bosques arredor dos ríos son de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Outros bosques fórmanos os carballos Quercus robur e Quercus pyrenaica. Ademais están presentes os soutos, as aciñeiras, os acivros e teixos de Taxus baccata. As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son: ==== Teixadal de Casaio ====…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗