Petroglyph

Petroglyphs of Mogor

Mogor · Marín · Pontevedra · 25 m

Petroglyphs of Mogor, petroglyph en Marín

Photo: Paco · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Petroglyph in Marín (Spain), 25 m above sea level, 1.4 km from Marín.

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar do Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Descrición

Componse de tres conxuntos de gravados rupestres visibles, aínda que existiron na zona sete pedras con gravados, entre eles algúns dos escasos labirintos atopados de momento en Galiza. Os tres conxuntos de gravados rupestres de Mogor son os seguintes: A Pedra do Labirinto é un penedo de forma alongada, de 5 m x 1,5 m, no que se ven uns sucos anchos e profundos arredor dunha coviña e cuns apéndices na parte superior. No resto da superficie da rocha hai máis combinacións circulares con coviña no centro e círculos sinxelos, máis superficiais que o anterior. O motivo do labirinto é atípico no conxunto da arte rupestre galega, coñecéndose só cinco exemplos, todos eles na provincia de Pontevedra. A Pedra dos Campiños é outro penedo chan no que os gravados son máis coidados e os sucos menos profundos. Este labirinto carece da coviña central e dos apéndices. O labirinto está moi borroso e desgastado, polo que só pode percibirse baixo determinadas condicións de luz. A rocha está fendida, o que afectou levemente ao suco superior do labirinto. Na Laxe dos Mouros vense claramente vinte e tres combinacións circulares ligadas por liñas curvas, multitude de coviñas, dúas combinacións pseudo-labirínticas, catro círculos sinxelos e un cérvido (aínda que este último case imperceptíbel). Antigamente esta laxe era coñecida polo nome de "Pedra da moura encantada".

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de petróglifos de Mogor

Outros artigos

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Petroglyph

Elevation 25 m

Nearest town Marín, 1.4 km away

People in the municipality 23,976 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby