Bridge
Bridge of A Ramallosa
Santa Cristina da Ramallosa · Baiona · Pontevedra
Photo: Patantxa · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Bridge in Spain, 55 m from the Caminho Português de Santiago.
A ponte da Ramallosa é unha construción románica sobre o río Miñor, entre as parroquias de San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona).
Historia
Segundo a tradición, a ponte foi mandada construír no século XIII por Pedro González Telmo, bispo de Tui, despois da fundación da vila de Baiona por Afonso IX (rei de León e Galicia) en 1201. Posiblemente con anterioridade houbera outra ponte, pola que discorría a vía romana XX (per loca maritima) do itinerario de Antonino. A ponte, de 36 m, ten 10 arcos, algúns apuntados e outros de medio punto, con luces de entre 3 e 5,5 m. Os piares teñen un espesor bastante uniforme, próximos aos 5 m. Os tallamares, situados a ambos os dous lados, son apuntados de planta triangular, formando uns apartadoiros ao nivel da calzada. Ten un perfil lixeiramente alombado cunha suave pendente. A calzada está pavimentada con lousas irregulares de pedra. A anchura entre os peitorís varía entre 3,17 e 3,37 m. O peitoril actual é baixo, formado por unha soa fiada de cachotes. Nun dos piares centrais hai un pequeno altar cun cruceiro, que ten na columna unha imaxe de San Telmo e unha escena dunhas ánimas queimándose no purgatorio. A carón da ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade, o chamado Bautismo anticipado. Segundo a tradición, a muller que non lograba ter fillos debía verter sobre o seu ventre auga do río. Para que este conxuro fora efectivo debía realizarse ás 12 da noite e, ademais, o padriño da criatura debía ser a primeira persoa que atravesase a ponte logo de realizar o rito.
Outros artigos
Bautismo anticipado
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Ponte en arco · Ponte románica
Elevation here ≈ 0 m · Terrain Tiles
Nearest town A Ramallosa, 298 m away
Way of St James Caminho Português de Santiago, 55 m away
People in the municipality 12,366 (2025) · IGE
Getting there by bus
- A Ramallosa (ponte)66 m awayBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · A Guarda-Baiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I.
- A Ramallosa (ponte)78 m awayBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · A Guarda-Rosal-Pías-A Guarda-Baiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I.
- A Ramallosa (praza)121 m awayGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · PO:Nigrán: Chandebrito-Nigrán-Priegue · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Gondomar E.A.-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Couso (Remedios)-Peitierios-Morgadáns-Gondomar-Ramallosa-Nigrán-Vigo E.I.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.