Bridge
Stone Bridge
Cabanas · A Coruña
Photo: Kullman · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Bridge in Spain, 14 m from the Camiño Inglés.
Ponte do Eume, tamén chamada ponte de Pedra, é unha construción que comunica os concellos de Cabanas e Pontedeume, a través do río Eume.
Historia
A primeira referencia escrita é de 1162 e refírese a unha ponte de madeira. Porén xa debía existir desde tempo inmemorial para comunicar ambas marxes do río, habitadas desde tempos remotos. A finais do século XIV, Fernán Peres de Andrade, O Boo, mandou construír unha ponte de cantería. Dita ponte tiña 78 arcos e dúas torres, sendo unha das máis longas de Europa: entre os arcos 8º e 9º a Torre da Ponte, e entre os arcos 40º e 41º a Torre do Risco. Entre os arcos 2º e 3º estaban, sobre unhas peañas, os símbolos de Fernán Peres: o oso e o xabarín. Ao final da ponte había un cruceiro. Tamén había un hospital de peregrinos entre os arcos 19º e 20º. A ponte foi reparada en varias ocasións dos estragos que ocasionaban as crecidas do río, mais non puideron evitar a deterioración progresiva da ponte. Así, desaparece o hospital entre 1791 e 1820 e en 1843 desaparecen as torres e os símbolos dos Andrade. Finalmente, derrúbase a ponte e constrúese unha nova entre 1863 e 1873, inicialmente con 11 arcos que se amplían progresivamente ata os 15 actuais. O oso e o xabarín da ponte de Fernán Peres están hoxe en día no claustro do convento de Santo Agostiño (actual casa da cultura de Pontedeume). Ata a inauguración da AP-9 Guísamo-Ferrol en 2003 foi a ponte o principal acceso pola costa a As Pontes e Ferrol dende A Coruña e Betanzos.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Bridge
Elevation here ≈ 0 m · Terrain Tiles
Nearest town Pontedeume, 372 m away
Way of St James Camiño Inglés, 14 m away
People in the municipality 3,273 (2025) · IGE
Getting there by bus
- PONTEDEUME291 m awayFerrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (por AP-9) · Ferrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol-Aeroporto de Lavacolla-Pontevedra-Vigo · Ferrol-Fene-Pontedeume-AP-9-Santiago · Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (por AP-9)
- PONTEDEUME311 m awayA Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Gallada) · A Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) · A Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · Pontedeume-Ferrol E.A.
- Cabanas348 m awayFerrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Gallada) · Ferrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · A Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) · Ferrol E.A.-Betanzos-Teatro Colón (por AP-9 dende Betanzos) · Teatro Colón-Betanzos- Ferrol E.A.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.