Bridge
A Ponte Maceira
Portor · Negreira · A Coruña
Photo: Lansbricae · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Bridge over the Tambre River in Spain, 149 m above sea level, 55 m from the Camiño de Fisterra-Muxía.
A ponte Maceira é unha construción sobre o río Tambre entre as parroquias de Agrón (Ames) e Portor (Negreira). En 2022 foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento.
Historia
A ponte Maceira conecta as comarcas da Maía e A Barcala. Ademais, por ela discorre o Camiño de Fisterra-Muxía. Construíuse na Idade Media, entre os séculos XIII e XIV, para conectar Santiago de Compostela cos portos de Fisterra. A ambas as beiras formáronse os núcleos da Ponte Maceira (Agrón) e A Ponte Maceira (Portor). Foi escenario de conflitos entre o cabido da catedral de Santiago de Compostela e a casa de Traba e mais a nobreza galega. No século XII as tropas do arcebispo Diego Xelmírez enfrontáronse ás de Pedro Froilaz de Traba, e en 1471 enfrontáronse as tropas do arcebispo Alonso II de Fonseca coas de Lopo Sánchez Moscoso de Altamira. No século XVIII o ilustrado José Cornide Saavedra describe a ponte como unha estrutura de sete arcos, en estado de conservación precario. Di tamén que os tres arcos da dereita son góticos e máis antigos, e os outros catro son de medio punto e máis modernos. Nesa época o arquitecto Juan López Freire realizou unha reparación de urgencia. Por entón documéntanse diversos pasos en barca ou a pé sobre o Tambre. Documéntas a ruína da ponte no ano 1792. Os concellos de Cee, Corcubión, Muxía, Moraime, Fisterra e Muros restauraron a ponte, pero solicitaron a eliminación de portádegos para as persoas usuarias. A finais do século XIX construíuse unha ponte nova ao crearse a estrada Negreira - Os Ánxeles - A Escravitude. En 1987 tivo lugar un desplome parcial, e a Xunta de Galicia restaurou a ponte entre 1991 e 2001. Os concellos de Ames e Negreira realizaron obras de conservación e mellora da contorna en muíños, lavadoiros e pavimentos.
Descrición
A ponte Maceira ten un longo perfil alombado cara ao centro, clásico das pontes medievais. Ten cinco arcos, o central apuntado e os demais de medio punto. As luces dos arcos desde os 6 m ata os 14 m do arco central. O estribo esquerdo ten dous arcos máis recentes, que facilitan o desaugadoiros. Os arcos están protexidos, en ambos os dous sentidos da corrente, por grandes tallamares de perfil apuntado e final escalonado. O taboleiro da ponte ten case 3 m de ancho. As fábricas actuais son o resultado da restauración do s. XIX. Tanto o percorrido da ponte coma as zonas de acceso están protexidos cun pretil de cantaría sobre un pavimento de pedra, todo de construción contemporánea. A ponte mantense en uso, servindo para o tránsito local e para as persoas que fan o Camiño de Santiago.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Bridge
Ground Cobbled
Also known as A Ponte Maceira
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 149 m · Terrain Tiles
Nearest town Negreira, 3.3 km away
Way of St James Camiño de Fisterra-Muxía, 55 m away
People in the municipality 6,963 (2025) · IGE
Getting there by bus
- A Ponte Maceira102 m awayIES Xulián Magariños-Fontemirón · IES Xulián Magariños-Fontemirón · CEIP O Coto-Fontemirón · CEIP O Coto-Fontemirón
- A Ponte Maceira770 m awaySantiago E.I.-Negreira · Santiago E.I.-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Brión-Santa Comba · Rúa da Rosa-A Serra de Outes · Santiago E.I.-Augaspesadas-Portomouro-Santa Comba · Santiago E.I.-Olveiroa-Dumbría-Fisterra-Muxía (porto)
- A Ponte Maceira781 m awaySantiago E.I.-Negreira · Santiago E.I.-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Olveiroa-Dumbría-Fisterra-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Brión-Santa Comba · Rúa da Rosa-A Serra de Outes · Santiago E.I.-Augaspesadas-Portomouro-Santa Comba
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.