Beach
A Torre
Taragoña · Rianxo · A Coruña
Photo: Certo Xornal · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Beach in Spain, 3 m above sea level, 51 m from the Camiño A Orixe.
A praia da Torre, chamada así por mor da presenza do sitio arqueolóxico da fortificación medieval (Castelo da Lúa) existente na punta da Torre, ou tamén coñecida como " A Salgueiriña" quizais pola abondosa presenza de Salix Atrocinerea (salgueiro). O areal esténdese e está limitado pola punta de Iñobre ou punta da Posta e a desembocadura do río Té, cunha lonxitude de aproximadamente de 1.200 metros. A praia localízase na parroquia de Taragoña (concello de Rianxo), no fondo da ría de Arousa, na zona coñecida como enseada de Beluso, na comarca do Barbanza. É unha praia acolledora de grande amplitude e con area fina, inda que ao longo da súa historia se produciron frecuentes períodos de espolio da area. Esixe un grande percorrido para non acalar ou topar profundidade nas mareas baixas; o seu acceso é sinxelo e aceptábel, dúas pistas alcatranadas inda que existen distintos camiños e sendeiros para acceder a distintas partes do areal. Esta praia ofrece gran cantidade de zonas arboradas e cunha variedade florística moi ampla, no tocante á fauna no período invernal chegan multitude de parellas de Alavanco real, así coma corvos mariños, garzas... No seu momento chegou a posuír dúas cantinas ou chiringuitos, estando soamente na actualidade unha activa, que abre na tempada de verán. Así mesmo, na actualidade posúe un paseo marítimo dos máis afamados da comarca, ademais de distintos servizos, como aparcadorios, acceso a discapacitados, fontes, áreas de recreo...
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Praia de area branca
Length 930 m
Elevation here ≈ 3 m · Terrain Tiles
Nearest town Rianxo, 1.8 km away
Way of St James Camiño A Orixe, 51 m away
People in the municipality 10,755 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Ponte de Té552 m awayRianxo (centro saúde)-Burata (bar Romero) · Rianxo (centro saúde)-Burata (bar Romero) · CEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Té · CEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Te-Campo de Pazos
- Rianxo (Ponte de Té)576 m awaySantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Ribeira E.A. (AP9-AG11) · SANTIAGO E.I.-RIBEIRA E.A. (AP9-AG11) · SANTIAGO E.I.-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Ribeira E.A.
- Rotonda AG-11677 m awayRibeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro-Pontevedra-AP-9-Vigo · Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro-Pontevedra-AP-9-Vigo
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.