Beach

Os Bloques

Ribadeo · Lugo

Os Bloques, beach en Ribadeo

Photo: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Beach in Spain, 8 m above sea level, 655 m from the Camiño do Norte.

A praia dos Bloques é unha praia de Ribadeo situada na ría homónima. Está no lugar da Vilavella, ao sur do porto de Mirasol e preto da vila de Ribadeo, cara ao interior da ría. Está resgardada por un esporón construído paralelo á costa que é, segundo Isidoro Asensio Amor, a causa de que se acumule limo no fondo e pareza ocupar toda a extensión da ría cando baixa a marea. É unha praia portuaria semiurbana e de augas tranquilas, relativamente arredada dos circuítos turísticos habituais, polo que goza dun nivel de ocupación xeralmente baixo, ao que tamén contribúe a ausencia de servizos de hostelaría na contorna. Dotada de area fina e dourada, ten unha lonxitude de 120 m e unha anchura media de 25 m. Ten sinalización do estado do mar e papeleiras para a recollida do lixo. No verán dispón de servizo de salvamento, duchas e baños, mais non está recoñecida con bandeira azul. Ten tamén un pequeno aparcadoiro próximo e unha extensa zona de herba aos lados.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Praia de area dourada

Ground Sand

Length 100 m

Elevation here ≈ 8 m · Terrain Tiles

Nearest town Ribadeo, 786 m away

Way of St James Camiño do Norte, 655 m away

People in the municipality 9,996 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby