Ria
Ría de Ares
Centroña · Pontedeume · A Coruña
Photo: Paulo Fernandez Piñeiro · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Ria in Spain, 141 m above sea level, 1.6 km from the Camiño Inglés.
A ría de Ares é unha ría galega formada pola desembocadura do río Eume no océano Atlántico. É unha das catro rías, canda as de Ferrol, Betanzos e A Coruña, que conforman o Golfo Ártabro e fai parte, polo tanto, das denominadas rías medias. A ría de Ares separa Pontedeume, no lado sur, de Cabanas, Fene e Ares, que quedan ao norte. A boca da ría de Ares é compartida coa ría de Betanzos, onde o océano se interna no continente entre a punta Coitelada (en Cervás, Ares) e a punta Torrella (en Dexo, Oleiros). No interior, esta ría divídese en dous brazos, un en dirección leste e outro en dirección sur-sueste. O primeiro corresponde á ría de Ares ata a marisma que forma o río Eume no seu encontro co mar. Pola súa banda, dende a punta Torrella cara ao sur vaise estreitando a ría de Betanzos ata a cidade dos Cabaleiros, que lle dá o nome. Polo interior, a punta da Carboeira (en Boebre, Pontedeume) separa ambas as rías, deixando a costa sur da de Ares cara ao norte e a costa leste da de Betanzos cara ao sur.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Ría
Part of Océano Atlántico
Elevation here ≈ 141 m · Terrain Tiles
Nearest town Pontedeume, 2.4 km away
Way of St James Camiño Inglés, 1.6 km away
People in the municipality 7,428 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Praia de Ver521 m awayPontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-O Andel
- Sambollo593 m awayCentro salud Pontedeume-Sambollo · Centro salud Pontedeume-Sambollo
- Vizús (Mosquera)651 m awayPontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-O Andel
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.