Convent
Ruins of San Domingos Convent
Pontevedra
Photo: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Ruins of a gothic convent in Pontevedra, Spain, 24 m above sea level, 163 m from the Caminho Português de Santiago.
As ruínas de San Domingos constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do Museo Provincial de Pontevedra. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa gótica do que no seu día foi o convento de San Domingos. Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco capelas correspondentes ó brazo transversal do cruceiro. A entrada ó recinto faise polo extremo norte do cruceiro. A Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra iniciou en 1889 as xestións para a súa recuperación e declaración como Monumento Nacional, e utilizou as ruínas como sede da institución. Co tempo, en 1938, a Sociedade cedeu as instalacións ó Museo de Pontevedra e este converteu este espazo na súa Sección lapidar (arqueolóxica) e dedicouno á exposición permanente de sepulcros de persoeiros históricos pontevedreses, laudas gremiais e escudos heráldicos procedentes de enterramentos na propia igrexa e de casas nobres da cidade e da provincia.
Historia do convento
Os dominicos chegaron a Pontevedra a finais do século XIII e fundaron o convento cara a 1281, na Moureira, no exterior da muralla que pechaba a cidade na Idade Media, pero pronto se trasladaron ó lugar onde hoxe quedan os restos do edificio. As obras da cabeceira comezaron en 1304 ou 1305 pero a partir de 1380 substituíronse pola obra actual, que non se rematou ata o século XV. A finais do XVIII decidiuse reformar a igrexa mediante unha nova nave, neoclásica, que substituiría a antiga igrexa gótica. Esta reconstrución, que ía dirixir Álvarez Reguera, viuse fanada en 1835, cando o Estado aprobou a chamada desamortización de Mendizábal e puxo en venda as posesións das ordes relixiosas, incluída igrexa e convento de San Domingos. O 8 de decembro de 1836 pecha o convento e a partir deste momento o edificio entrou pouco a pouco nun longo proceso de ruína e deterioración progresivos. En 1840 a Junta de Enajenación de Edificios y Efectos de los Conventos Suprimidos de la Provincia de Pontevedra cedeuno ó Concello, que o dedicou a Casa de Asilo; posteriormente dedicouse a cárcere, hospicio, escola infantil, cuartel e teatro, pero sen realizar labores de mantemento que evitaran a progresiva ruína. Mesmo en 1846 aproveitáronse as pedras para pavimentar as rúas de Pontevedra, tal como o recolleu o historiador pontevedrés Claudio González Zúñiga: En 1864 derrúbase a capela de San Xacinto, que estaba no extremo sur do cruceiro e, entre 1869 e 1870, a parte superior da torre que existía neste mesmo punto. En 1874, o Concello comeza a considerar a demolición do convento, co obxectivo de ampliar o espazo dedicado a Campo da Feira (actual parque das Palmeiras), para o que conta co informe favorable da Comisión Provincial de Monumentos, que puña como condición respectar a antiga igrexa e algúns outros elementos de interese. A pesar desta limitación, o Concello aprobou en xullo de 1880 a demolición completa, decisión que provocou a reacción en contra da Comisión de Monumentos e de numerosos pontevedreses, que conseguiron deter as obras de demolición. O Concello volveuno intentar en 1889, pero a reacción social conseguiu de novo deter as obras; nesta ocasión a vontade de demoler as ruínas era tan firme que o concello xa incluíra nos seus orzamentos os ingresos previstos pola venda dos terreos resultantes.
Recuperación
Aínda que a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra non se constituíu formalmente ata o 15 de agosto de 1894, baixo a presidencia de Casto Sampedro, xa desde anos antes levou adiante algunhas actividades en prol da conservación histórica e artística de Pontevedra. Canto ás actividades dirixidas á conservación das ruínas de San Domingos cómpre destacar a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas o 16 de setembro de 1889, baixo a convocatoria do poeta Roxelio Lois Estévez, daquela director de O Galiciano, Manuel de la Fuente e o médico Xosé Casal, estes dous últimos delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ocupación das ruínas, a piques de ser derrubadas definitivamente. Nesta xuntanza tomaron as ruínas como sede da Sociedade e procederon a limpalas de entullos e lixo e ó seu peche cun valado.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Ruína · Convento
Style Arquitectura gótica
Part of Museo de Pontevedra
Condition En ruínas
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 24 m · Terrain Tiles
Nearest town Pontevedra, 319 m away
Way of St James Caminho Português de Santiago, 163 m away
People in the municipality 83,339 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Avda. Reina Victoria Uxía265 m awayPonte da Barca-Pontevedra (X)
- Corvaceiras359 m awayVilagarcía E.A.-Pontevedra E.A. · Testos-Pontevedra E.A.
- SAN ROQUE369 m awayO Grove E.A.-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Basilica of Santa María la MayorCathedral
Monastery of San Salvador de LérezMonastery
San Xoán de Poio monasteryMonastery
Wall of PontevedraCastle
Fortress and Archbishop's Towers (Pontevedra)Castle
Pazo de Castro MonteagudoPazo (Galician manor)Pazo de los Gago y MontenegroPazo (Galician manor)
Pazo of the Marquises of ArandaPazo (Galician manor)