Tower

A Lanzada Tower

Noalla · Sanxenxo · Pontevedra

A Lanzada Tower, tower en Sanxenxo

Photo: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Fortified building in Lanzada, Sanxenxo, 1 m above sea level, 6.6 km from Sanxenxo.

A Torre da Lanzada é o resto dunha torre-castelo de orixe medieval construída polos meiriños de Iria Flavia no Salnés para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Situación

A torre érguese na marxe sur da praia da Lanzada, na parroquia de Noalla (Sanxenxo), á beira da ermida da Nosa Señora da Lanzada e do castro do mesmo nome.

Historia

É o último vestixio dun castelo datado no século X (arredor do ano 960) construído sobre os restos dun antigo faro fenicio ou romano. Foi mandado construír por Sisnando II para defensa de Compostela contra os ataques viquingos e normandos. Servía de avanzada defensiva ao lado doutras fortalezas da mitra compostelá e como primeiro contacto contra posíbeis inimigos, transmitindo sinais de perigo ás outras torres defensivas que marcaban a ría de Arousa, coma as torres de Cambados e as torres de Oeste en Catoira. O sistema defensivo consistía en facer fogueiras na torre que eran vistas dende a Torre de San Sadurniño (Cambados), que alertaban á súa vez á de Catoira, e así até Santiago de Compostela. No ano 1121, coincidindo co acordo de paz da raíña Dona Orraca co bispo Diego Xelmírez, decídese que ao segundo se lle deberán entregar a primeira das fortalezas do Castelo Honesto e o da Lanzada; pouco tempo despois sofre un ataque de piratas mouros que sucederan aos normandos como ameaza nas costas galegas. O castelo tamén aparece citado en documentos do século XIII. En 1467 é sitiada polos irmandiños, que a conquistan atacándoa dende o mar. Trala derrota dos principais xefes irmandiños, Afonso de Lanzós e Pedro Osorio, o castelo da Lanzada convértese no último bastión dos sublevados e nas mesmas ruínas da fortaleza destruída por eles mesmos, resistiron até que, esgotadas todas as posibilidades de defensa, foron capturados. Tras estes feitos o castelo ficou abandonado.

Situación actual

Do antigo castelo hoxe só quedan a ermida e unha das torres semiderruída. A torre actual é de planta cuadrangular con muros de cachotaría-cantaría de pedra de gra non moi conformada, agás nos encontros dos muros. Hai algúns anos fixéronse obras neste recinto histórico que afectaron gravemente á súa integridade, perdéndose os vestixios que restaban da súa muralla e tapándose cunha nova a antiga ponte de comunicación co castelo que orixinalmente fora levadiza.

Galería de imaxes

Outros artigos

Castelo Viquingos en Galicia

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Tower

Elevation here ≈ 1 m · Terrain Tiles

Nearest town Sanxenxo, 6.6 km away

People in the municipality 17,990 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby