Castle

Tower of Fírbeda

Porqueira · Ourense

Tower of Fírbeda, castle en Porqueira

Photo: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Cultural property in Porqueira, Spain, 675 m above sea level, 10.6 km from Bande.

A Torre de Fírbeda, tamén coñecida como Torre da Forxa ou Torre de Porqueira, son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García II de Galicia.

Historia

No ano 1157 pasou a formar parte do patrimonio do bispado de Ourense pola cesión feita polo rei Afonso VII, confirmada por Afonso IX, que en maio de 1204, en Troncoso, vendeu ó bispo Afonso por dous mil cincocentos soldos canto tiña e lle correspondía en Porqueira. Na primavera do ano 1387 o castelo foi ocupado por pouco tempo polo Duque de Lancaster con motivo da guerra pola sucesión da coroa entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Na segunda metade do século XV, cando xa pertencía á casa de Monterrei, sufriu o ataque dos Irmandiños que non chegaron a destruíla. Despois da creación en 1837 do concello de Porqueira pasou a ser a casa consistorial, e posteriormente pasou a mans particulares.

Descrición

O castelo sitúase no val, lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas regulares. Accédese ao seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos. Non presenta case aberturas: a porta románica, as ventás seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unhas pequenas ventás, hoxe en día cubertas con cristais. Modillóns simples sosteñen o seu matacán saínte. Non se conservan as ameas.

Situación patrimonial

Atópase protexido baixo a declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio histórico español. Posteriormente pasou a ter a declaración de Ben de Interese Cultural. Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do Itinerario de Antonino ao seu paso pola Limia.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Defensive fortification

Walls Stone

Also known as Torre de Porqueira · Torre da Fírveda

Protected as Ben de Interese Cultural

Catalogue ref. RI-51-0008956

Elevation here ≈ 675 m · Terrain Tiles

Nearest town Bande, 10.6 km away

People in the municipality 806 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby