Castle
Marce Tower
Vilar de Ortelle · Pantón · Lugo
Photo: Carmen Delia Díaz · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Military building in Marce (Vilar de Ortelle, Pantón), 464 m above sea level, 6.6 km from O Castro de Ferreira.
A Torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce na parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na Comarca de Terra de Lemos.
Historia
Os veciños de Marce recordan que era parte dun castelo, o Castelo de Marce, tan alto que polas mañás a súa sombra chegaba alén do río Miño e facía sombra á igrexa de Chouzán. Tamén recordan que xunto coa aldea pertencía ao Conde de Lemos e que era de moita importancia por atoparse nunha zona de alto valor estratéxico para a comarca. Aparece por primeira vez en fontes escritas no ano 841, na que hai mención da existencia dun castelo, novamente mencionado en 1158 pero co nome de Castelo do Miño. O nome de Castelo de Marce aparece na escritura na que o rei Fernando II confirma, en 1164, as doazóns que fixeran os seus proxenitores á igrexa de Lugo, ó precisar os lindeiros do couto de Atán. No ano 1480 era dono Lopo Alfonso de Marceo, que calzaba esporas de ouro, vestía de veludo e adornábase con colares de ouro. Propietario de tres lugares: Monforte, Roucos e Sarria. Segundo Castellá Ferrer na súa obra de 1610 Historia del Glorioso Apóstol Santiago, pertenceu a Lope Alonso López e ó seu fillo Alonso López que mantiveron enfrontamentos e rivalidades con don Pedro Garza de Castillón e co duque de Arjona don Fadrique de Castro. Comenta Castellá que viu o castelo, o cal constaba dunha torre, un palacio desmantelado, un foso e proteccións de terra.
Descrición
Os restos da antiga fortificación sitúanse no extremo sueste do lugar de Marce, sobre un terreo de pronunciada pendente. O que se conserva da torre atópase entre construcións máis recentes. Trátase dunha construción de planta cadrada de 7,5 metros de lado e 7 metros de altura na súa parte máis alta e 4 metros na súa parte máis baixa. Cuberta por un tellado a unha soa auga. Divídese en dúas plantas separadas por un pavimento de madeira. E a planta máis baixa atópase baixo o terreo. Está construída con pedra de granito moi basta e as súas paredes teñen 120 centímetros de espesor. Na actualidade tres dos seus lados están rodeados por construcións modernas de pedra.
Outros artigos
Castelos de Galicia
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Fortress
Elevation here ≈ 464 m · Terrain Tiles
Nearest town O Castro de Ferreira, 6.6 km away
People in the municipality 2,351 (2025) · IGE
Nearby
Mosteiro de Santo Estevo de AtánMonastery
Monastery of San Miguel de EiréChurch building
Fervenza de AugacaídaWaterfall- Castro de AmboadeHillfort
Igrexa de Santa María de Nogueira de MiñoChurch buildingIgrexa de Santo Estevo de ChouzánChurch building
Igrexa vella de San Xoán da CovaChurch buildingIgrexa de Santa Mariña de VeascósChurch building