Bridge
Ulla River Viaduct
A Ponte Ulla · Vedra · A Coruña
Photo: Iago Pillado · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Viaduct near Ponte Ulla, 55 m above sea level, 274 m from the Camiño Xabrés.
O viaduto do Eixo, tamén chamado viaduto do Ulla e novo viaduto de Gundián, é unha das grandes pontes que salvan o curso do río Ulla. É unha estrutura singular rematada no ano 2008 de máis de 1 km de lonxitude, na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia no tramo entre Ourense e Santiago de Compostela, que formará parte da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia. É unha obra que está considerada de interese arquitectónico en España.
Características
O viaduto do río Ulla ten unha lonxitude de 630 m e apóiase sobre nove piares directamente sobre o terreo, cunha altura máxima de 116,9 m, e sobre outros cinco piares que descansan sobre un arco de 168 m de luz que salva o río. O arco central ten unha altura de 104,4 m e construíuse empregando dous carros de avance en beiril, un para cada semiarco, o que marca a auténtica dificultade do proxecto construtivo desta obra civil. Cada un dos semiarcos componse dun tramo de arranque que ten unha lonxitude de 10,2 m e de 26 doelas de cinco metros. Ambos os dous semiarcos únense mediante a correspondente doela de clave.
Construción
O ministerio de Fomento, a través da entidade Adif, comezou a execución do arco central do viaduto do Ulla, unha das construcións incluídas no subtramo Silleda (Dornelas)-Vedra-Boqueixón, do eixe Ourense-Santiago de Compostela do Corredor norte-noroeste de alta velocidade, que forma parte da L.A.V. Olmedo - Zamora - Galicia. O sistema construtivo utilizado para o arco central deste viaduto responde á política de Adif de "máximo respecto do medio", xa que as inmediacións do viaduto foron catalogadas como zona especial de conservación (ZEC) coa denominación de "sistema fluvial Ulla-Deza". As especiais características do ámbito e as necesidades de conservación levaron a adoptar diversas medidas que eviten os arrastres de terras procedentes das escavacións das cimentacións.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Ponte en arco · Viaduto dunha liña ferroviaria de alta velocidade
Elevation here ≈ 55 m · Terrain Tiles
Nearest town Santiago de Compostela, 16.4 km away
Way of St James Camiño Xabrés, 274 m away
People in the municipality 4,906 (2025) · IGE
Getting there by bus
- San Xoán581 m awayCPI de Vedra-Caldelas · CPI de Vedra-Caldelas
- Caldelas649 m awayCPI de Vedra-Caldelas · CPI de Vedra-Caldelas
- O Seixo953 m awayIES Avelina Valladares-A Sobreira · IES Avelina Valladares-A Sobreira · CEIP de Oca-Ponte Burata · CEIP de Oca-Ponte Burata
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
.jpg?width=400)

