Ruinas
Aldea somerxida de Aceredo
Manín · Lobios · Ourense

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Ruinas en Manín (Lobios, Ourense), a 320 m de altitud, a 2,7 km del Caminho da Geira e dos Arrieiros.
Aceredo foi unha aldea da parroquia de Manín, no concello de Lobios, pertencente á bisbarra da Baixa Limia, na provincia de Ourense. Desapareceu asolagada polo encoro de Lindoso (Portugal) en xaneiro de 1992 xunto a Buscalque, O Vao e a Reloeira (Entrimo). Aceredo está, desde o 2009, dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Trasportela
Aceredo aparece recollido co nome de Trasportela, tanto na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán, de 1834, coma no mapa de José Castro López, de 1863, empregado para o trazado da fronteira entre Galiza e Portugal, subscrito en Badaxoz en marzo de 1863, e que pasou a historia coma o Tratado de Lisboa que entrou en vigor en 1864, e que fixa as fronteiras definitivas entre España e Portugal. Tamén aparece con ese nome nas referencias que fai Benito Fernández Alonso no seu libro El río Limia y sus contornos, en 1879. Tamén o recolle o libro de Trasos Montes e Miño, no número 44, onde fala das demarcacións da vila de Lindoso (Portugal), coas das aldeas de Trasportela e Riocaldo en Galiza. Pola contra, no Dicionario xeográfico, estatístico e histórico de España e as súas posesións de ultramar de Pascual Madoz de 1848, tomo XI, recolle Aceredo coma unha aldea de parroquia de Manín ou Trasportela, o que nos indica que Trasportela puido ser empregada para identificar á parroquia.
Xeografía
Aceredo estaba asentada ao pé do río Límia que o cruzaba de leste a sur, delimitada polo río Caldo ao oeste, o río Mao cruzaba a aldea polo sur, ao norte lindaba con Manín e Ludeiros, ao sur con Compostela e O Vao.
Aldea
Historia
Aceredo foi unha aldea labrega onde había boas producións de millo, patacas, centeo, viño e hortalizas, e tamén se chegou a sementar tabaco, así se establecera pola Dirección Xeral de Agricultura do Ministerio de Agricultura no BOE do 7 de setembro de 1940. Tamén había un importante número de vacas e de gando ovino e caprino.[Cómpre referencia] A súa veiga, regada por tres ríos, principalmente polo río Limia, o río Caldo e o río Mao, abranguía unha enorme extensión do val. Aceredo tivo escola, no medio do lugar, ou escola das primeiras letras, onde asistían os cativos das aldeas da parroquia ata a apertura da escola de Compostela, na Segunda República. Esta escola mantívose ata a inauguración do grupo escolar de Lobios, no ano 1978, agora denominado CEIP do Xurés. Ata o final dos seus días contou con varios comercios de mercadorías, e era lugar de paso dos veciños das aldeas de Compostela, Ludeiros, O Vao, Buscalque, Reloeira e Lantemil principalmente. Tamén dos portugueses que cruzaban a fronteira da Madalena. En decembro de 1955, a Delegación de Industria da provincia de Ourense aproba a solicitude da Sociedad General Gallega de Electricidad, S.A., emprazada en Entrimo, por un presuposto de 550.000 pesetas, a instalación da liña eléctrica trifásica de 20 KV, desde As Conchas a Aceredo, e outras aldeas e serradoiros do val do Limia. Contou cunha liña de autobús dende xuño de 1958, aprobada pola Dirección Xeral de Ferrocarís, Tranvías e Transportes por estrada, BOE nº 145 do 18 de xuño de 1958. Dábaselle a concesión á empresa Paz y Compañía, S.L., co itinerario Bande A Madalena (Lobios), de 22,5 quilómetros, pasando por: Pazos, Lobeira, Terradas, Herdadiña, A Malleta, Aceredo, que saía dende A Illa (Entrimo), pasando por Aceredo, coa indicación de facer todos os días, sen excepción, o percorrido entre Bande e A Madalena. Co tempo esta liña foi asumida pola empresa Anpián que saía dende A Illa (Entrimo), pasando por Aceredo, e unía estas terras coa capital ourensá.
Veciñanza
Aceredo contaba con 105 familias en xaneiro de 1992 cando foi asolagado. A morte destas aldeas co asolagamento polo encoro de Lindoso supuxo un éxodo de 250 habitantes das aldeas de Aceredo, O Vao, Buscalque e a Reloeira. Ademais de afectar a outros 2500 habitantes de Compostela, Quintela, Rivas de Arauxo, Parroquia de Torno, Lantemil, Parroquia de Galez e Olelas. === Alcumes ===…
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Estado En ruínas
Altitud del punto ≈ 320 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Fondevila, a 3,2 km
Camino de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 2,7 km
En el municipio viven 1777 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- Aceredoa 403 mBANDE-ENTRIMO (FEIRAS DE BANDE) · IES Aquis Querquernis-Compostela
- Aceredoa 414 mBande-Entrimo (feiras de Bande) · IES Aquis Querquernis-Compostela
- Manína 1,1 kmIES Aquis Querquernis-Compostela · IES Aquis Querquernis-Compostela
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
Museo Numismático de LoviosMuseoBaixa Limia - Serra do XurésÁrea protegida
Cemiterio de San Salvador de ManínCementerioIglesia de Santa María la Real (Entrimo)Iglesia
Igrexa de San Salvador de ManínIglesia
Pombal da reitoral de Santa María de Río CaldoPalomar
Biblioteca Pública Municipal de EntrimoBiblioteca
Biblioteca Pública Municipal de LobiosBiblioteca