Dolmen
Anta de Prado Garrido
Vimianzo · A Coruña
A anta de Prado Garrido é un monumento megalítico situado a un quilómetro da capital municipal de Vimianzo. == Descrición == Trátase do dolmen máis próximo á vila de Vimianzo. Malia o seu pésimo estado de conservación, aprécianse tres esteos da anta, moi desfeita e coas pedras movidas, entre a maleza. Está situada a uns 250 metros sobre o nivel do mar. Figura no inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia co código GA15092115. A propiedade do terreo é privada en réxime de explotación forestal. == Véxase tamén == === Outros artigos === Dolmen Megálito Megalitismo en Galicia Lista de megálitos de Galicia
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Baíñasa 1.0 kmSantiago E.I.-Muxía (porto) · MUXÍA-SANTA COMBA (Noitebus)
- Baíñasa 1.1 kmSantiago E.I.-Muxía (porto) · MUXÍA-SANTA COMBA (Noitebus)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.