Plaza
Bosque de sequoias de Poio
Poio · Pontevedra · 1992
Foto: Mixigodo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Plaza en Poio, Pontevedra, a 437 m de altitud, a 1,6 km del Camiño Portugués Variante Espiritual.
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa. O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen. Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Xardín
Altitud del punto ≈ 437 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Combarro, a 3,1 km
Camino de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 1,6 km
En el municipio viven 17.426 (2025) · IGE
Al lado de este lugar
Monasterio de Santa María de ArmenteiraMonasterio
Monasterio de San Juan de PoyoMonasterio
Área arqueológica de A CaeiraPetroglifo
Monte CastroveMontaña
Baldaquino de San Salvador de MeisCruceiro con baldaquino
Parque forestal A TombaÁrea protegida
Armadiña RockFestival de música
Biblioteca del Monasterio de San Juan de PoioMonasterio