Montaña

Cabeza de Manzaneda

Manzaneda · Ourense

Cabeza de Manzaneda

O monte de Cabeza de Manzaneda (tamén coñecido como Cabeza Grande ou Cabeza Grande de Cabeza de Manzaneda) sitúase na Serra da Queixa no Macizo Central ourensán, concretamente nos municipios da Pobra de Trives, Manzaneda e Chandrexa de Queixa. O monte consta de dous cumios: a Cabeza Grande de 1781 metros (a cima principal e de maior cota, onde se atopa un vértice xeodésico) e a Cabeza Pequena (tamén coñecido como Cabeza Pequena de Manzaneda ou Cabeza Pequena de Cabeza de Manzaneda de 1776 metros (a cima secundaria onde se atopa un centro de radiocomunicación). Ten unha prominencia de 803 m sobre A Gudiña (26,0 km direccións SE). O cume veciño máis alto é O Fial (con 1.841 msnm). O monte forma parte da estación de montaña Manzaneda, na que é posible a práctica do esquí.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaCómo llegar

Al lado de este lugar